
DÉPOR ABANCA · 13 SETEMBRO 2026
MARISA GARCÍA E AINOA GÓMEZ PARTICIPARON NA VITORIA FRONTE Á REPÚBLICA POPULAR CHINA ANTES DOS OITAVOS DE FINAL ANTE PORTUGAL
Foto: RFEF.esMarisa García e Ainoa Gómez concluíron este domingo 13 de setembro ante a República Popular China a Primeira Fase do Campionato do Mundo sub-20.As dúas futbolistas branquiazuis participaron nun partido que rematou con triunfo español por 1-3.Ainoa Gómez substituíu a Celia Segura tras o descanso, mentres que Marisa saltou ao céspede no minuto 67 en substitución de Alba Cerrato.A selección española chega aos oitavos de final deste mércores 16 de setembro ante Portugal con 9 puntos de 9 posibles na Primeira Fase.As dúas xogadoras do Dépor ABANCA participaron na goleada histórica (11-0) nun Mundial sub-20 lograda ante Nueva Caledonia.Marisa García, ademais capitá, marcou 2 dos goles e disputou o encontro completo.Pola súa banda, Ainoa Gómez, co partido sentenciado, foi substituída no minuto 56 por Elena Gurtubay.Ambas comezaron o torneo o pasado luns 7 de setembro tamén no once inicial fronte a Nixeria.Marisa foi a autora do primeiro gol de España neste Mundial, aos 13 minutos.O calendario de partidos, cos resultados dos xa disputados, do combinado nacional no Mundial, é o seguinte:Luns 7 de setembroESPAÑA 2 - NIXERIA 0Xoves 10 de setembroESPAÑA 11 - NUEVA CALEDONIA 0Domingo 13 de setembroREPÚBLICA POPULAR CHINA 1 - ESPAÑA 3Mércores 16 de setembroCuartos de final18.30: ESPAÑA - PORTUGAL, no Estadio Arena Katowice

Sofía Domínguez enfróntase con Argentina este sábado 10 de ou...

Daniela Caracas, ante Michi Apóstol nun amigable de Colombia ...

Michi Apóstol mídese este sábado 10 de outubro con Venezuela ...

Inês Pereira foi titular este venres 9 ante Irlanda do Norte ...

"Temos que medrar para seguir competindo ben nesta categoría"...

Antonio Hidalgo, respecto ás baixas, advirte que «tamén hai x...