RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
O Dépor mantense invicto na liga tras empatar en Getafe nun partido no que «tivemos diferentes situacións para levar a vitoria»

DÉPOR · 13 SETEMBRO 2026

O DÉPOR MANTENSE INVICTO NA LIGA TRAS EMPATAR EN GETAFE NUN PARTIDO NO QUE «TIVEMOS DIFERENTES SITUACIÓNS PARA LEVAR A VITORIA»

O Dépor rabuñou un punto (1-1) este domingo 13 de setembro ante o Getafe CF no Coliseum, nun partido correspondente á 5ª xornada de LaLiga EA Sports.Deste xeito, Os Nosos e o FC Barcelona son os únicos equipos invictos despois de 5 partidos.Con este resultado, o conxunto branquiazul suma 9 puntos e sitúase na 5ª posición de LaLiga EA Sports.Antonio Hidalgo lamentouse porque "tivemos diferentes situacións para levar a vitoria, pero isto vai de sumar, un máis e a pensar no seguinte".

O Dépor recuperou a Altimira tras cumprir un partido de sanción en Villarreal. Así pois, todo o cadro de xogadores estivo á disposición do corpo técnico.

Saíu o Getafe CF moi forte, apertando moi arriba.De feito, o colexiado do encontro anulou un tanto por fóra de xogo a Iván Azón.Apertaban os azulóns na procura do primeiro tanto do partido.Pero chegou a pausa de hidratación, a primeira para o Dépor no que vai de temporada, que cortou o ritmo do Getafe CF.O técnico deportivista admitiu que "ata o 'cooling break' non estivemos nada cómodos. Estivemos moi imprecisos. Non estabamos atopando as vantaxes".Chegaron os mellores momentos de Os Nosos na primeira parte.Desvela o adestrador do Dépor que "modificamos as alturas dalgún xogador e, a partir de aí, fomos quen de atopar ese home libre para poder establecernos en campo contrario. E tivemos ocasións de todas as cores".A primeira do Dépor chegou pasada a media hora. Aubameyang puxo un balón no segundo pau e alí apareceu Quagliata para rematar de volea demasiado alto.Respondeu Terrats chutando demasiado alto un balón franco na frontal da área.De novo Quagliata disparou no minuto 40 con moita potencia. David Soria resolveu cunha gran parada.Aos 41 minutos, Mario Soriano recibiu un gran pase dentro da área, pero o seu remate, algo escorado, volveuno sacar o gardameta do Getafe.Co 0-0 e con bo sabor de boca chegouse ao descanso.Tras o paso polos vestiarios, a primeira foi para Luismi. O andaluz recolleu un balón no segundo pau, pero o seu remate, colocado, marchou alto. Corría o minuto 48.Un minuto despois, nun contragolpe lanzado por Aubameyang, o balón caeulle a Bil, que chutou ao lateral da rede.A ocasión máis clara ata ese momento chegou no minuto 52, nun saque de esquina lanzado por Satriano que Mario Martín rematou ao longueiro.Antonio Hidalgo comezou a mover o banco. Adama Traoré substituíu a Casadó.O Getafe CF adiantouse no marcador no minuto 67, nun contragolpe que resolveu Terrats cun tiro raso á dereita de Leo Román.O técnico deportivista deu entrada a Yeremay e Eddahchouri por Luismi e Bil na procura do empate.Aubameyang empatou no minuto 78 ao cabecear no segundo pau un centro de Yeremay. O dianteiro deportivista marcou no seu quinto partido consecutivo e entrou nun grupo de 10 xogadores, os únicos capaces de marcar nos 5 primeiros encontros de liga.Pouco despois, o dianteiro deportivista non chegou por moi pouco no segundo pau a un gran centro de Mario Soriano.O encontro rematou cun disparo de Eddahchouri que o seu defensor desviou a córner in extremis e cun remate de cabeza de Giménez, totalmente só, que non atopou portería.Antonio Hidalgo recalcou que "fomos quen de meter o Getafe CF no seu campo, de crear ocasións de gol. É certo que eles tiveron a do longueiro. Sácanche centros, segundas xogadas, parece que pasan moitas cousas en pouco tempo. Tes que estar moi atento e iso tamén é de destacar".Getafe CF: David Soria, Djene, Mario Martín, Gudelj, Satriano (Davinchi, min. 88), Terrats (Joselu, min. 83), Boselli (Sazonov, min. 83), Enes Ünal, Iván (Francho Serrano, min. 76), Mojica e MangalaDeportivo: Leo Román, Ximo Navarro, Lucas Noubi, Giménez, Quagliata, Casadó (Adama Traoré, min. 62), Mario Soriano, Amatucci, Luismi (Yeremay, min. 71), Bil (Eddahchouri, min. 71) e AubameyangÁrbitro: Ricardo de Burgos, do comité vasco. Amoestou a Iván Azón (min. 26), Lucas Noubi (min. 27), Enes Ünal (min. 43) e Mario Martín (min. 90)Goles: 1-0 Terrats (min. 67); 1-1 Aubameyang (min. 78)Incidencias: partido disputado no Coliseum de Getafe