RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
O Fabril dobrega en ABANCA-RIAZOR á SD Ponferradina, «un dos grandes rivais da categoría»

DÉPOR FABRIL · 13 SETEMBRO 2026

O FABRIL DOBREGA EN ABANCA-RIAZOR Á SD PONFERRADINA, «UN DOS GRANDES RIVAIS DA CATEGORÍA»

O Fabril dobregou (2-1) este domingo 13 de setembro a SD Ponferradina no segundo partido consecutivo en ABANCA-RIAZOR, 3º da liga.Con este resultado, o filial suma 4 puntos e é décimo na táboa do grupo 1º de Primera Federación.Na rolda de prensa pospartido, Manuel Pablo lembrou que os bercianos son «un dos grandes rivais da categoría» e afirmou que «cremos até o final e soubemos aguantar».O filial deportivista chegaba ao encontro tras o empate (1-1) da pasada fin de semana ante o CP Cacereño.Perdeu o choque Manu Serrano, que sufriu unha fractura no tabique nasal e na órbita dereita no pasado encontro ante o conxunto estremeño.O defensor madrileño uniuse á longa lista de lesionados do filial, integrada por Damián Canedo, Noé, Jairo, Dipanda e Manu Ferreiro.Pola súa banda, a SD Ponferradina, na que militan os exdeportivistas Borja Valle e Pablo Muñoz, presentábase en ABANCA-RIAZOR con 4 puntos de 6 posibles.A primeira gran oportunidade do encontro foi para Guerrero, protagonista do partido. O canteirán quedou só ante o meta Álex Domínguez, pero estrelou o balón no corpo do gardameta da 'Ponfe'.Á media hora, adiantouse a SD Ponferradina. Nun centro lateral pola banda dereita, Arturo Molina, no segundo pau, colocou o balón lonxe do alcance de Álex Marqués.Co 0-1 chegouse ao descanso.

fabril20913.jpg

"Contra estes equipos que saben xogar ben, que che desactivan moitas situacións, tes que seguir insistindo. E iso é o que fixemos na segunda parte", comentou o preparador fabrilista.Tras o paso polos vestiarios e un gol anulado á SD Ponferradina por fóra de xogo, chegou a xogada do penalti.Koke chuta desde a frontal da área, libre de marca, pero o balón é interceptado por San Emeterio co brazo ao lanzarse ao chan.O colexiado do encontro, o catalán Gerard Rius, non o dubida e sinala pena máxima tras revisar a acción na pantalla.Guerrero engana a Álex Domínguez e sobe o empate ao marcador.O tanto esporeou o Fabril, que conseguiu darlle a volta ao marcador nunha longa xogada de ataque que culminou de novo Guerrero, protagonista esta tarde do encontro.A SD Ponferradina lánzase na procura da igualada, pero Álex Marqués primeiro detén un disparo de Chibozo e despois un remate de Óscar Vacas na área estrélase no lateral da rede.Na recta final, Justino puido ampliar a vantaxe nun man a man que salvou Álex Domínguez."Traballamos moi ben, con moito esforzo, rápidos... Sabiamos que tiñamos que estar todo o tempo metidos no partido", concluíu Manuel Pablo.Fabril: Álex Marqués, Quique Teijo, Samu, Ferrán, Íker Vidal, Rubén López (Yayo, min. 61), Koke, Álvaro Fraga (Domínguez, min. 86), Kevin (Justino, min. 77), Guerrero (Mardones, min. 77) e Martín Ochoa (Íker Gil, min. 86)SD Ponferradina: Álex Domínguez, Sergio Nieto, Jelbat, Undabarrena, San Emeterio (Quicala, min. 77), Calderón (Pablo Muñoz, min. 77), Arturo Molina (Óscar Vacas, min. 86), Borja Valle, Unai (Koke, min. 63), Ntji (Chibozo, min. 63) e EmiÁrbitro: Gerard Rius, do comité catalán. Amoestou a Rubén López (min. 17), San Emeterio (min. 20), Calderón (min 24), Álex Domínguez (min. 75) e Álvaro Fraga (min. 79)Goles: 0-1 Arturo Molina (min. 37); 1-1 Guerrero, de penalti (min. 61); 2-1 Guerrero (min. 77)Incidencias: partido disputado en ABANCA-RIAZOR ante 1.387 espectadores

Guerrero0913.jpg