
FUNDACIÓN · 10 XUÑO 2026
MONFORTE SÚMASE AOS DÉPORCAMPUS POR DÉCIMO ANO
A localidade lucense de Monforte de Lemos súmase aos DéporCampus, unha actividade que se desenvolve en colaboración co CP Calasancio.O acto de presentación tivo lugar nos campos de fútbol Alex Blanco Regalado e asistiron Antonio González, director do CP Calasancio; Sandra Rodríguez, directiva; e Sergio Maurente Brañas, coordinador dos DéporCampus na RC Deportivo Fundación.A actividade desenvolverase do luns 6 ao venres 10 de xullo en horario de 10:00 a 14:00.Está dirixida a nenos e nenas entre 6 e 14 anos (nados entre 2012 e 2020, ambos incluídos) con independencia do seu nivel de práctica ou experiencia.Os adestradores e adestradoras de ANOSACANTEIRA trasladarán a Monforte a metodoloxía de adestramento que os equipos da base realizan no Dépor Training Center.Como no resto de sedes, o RC Deportivo proporciona a cada participante unha equipación completa: camiseta, pantalón e medias. Polo tanto, só son necesarias botas de tacos ou multitacos de goma, camiseta térmica ou chuvasqueiro en caso de choiva e aerosol ou crema solar. Non é necesario o uso de caneleiras.Ademais, o alumno ou alumna gozará dunha pequena merenda a media mañá tamén a cargo da RC Deportivo Fundación.Máis información e inscricións neste enlace.

O RC Deportivo conclúe a primeira fase da campaña de abonados...

Miguel Loureiro dá un novo paso na súa recuperación no inicio...

Primeiro amigable de pretemporada para o Dépor ABANCA, esta s...

Nova semana de pretemporada para Os Nosos con dous partidos, ...

Teun Gijselhart afirma que "Aubameyang é un exemplo para todo...

Vilalba, próxima parada do Dépor este verán