
CANTERA · 9 FEBREIRO 2026
O CANTEIRÁN RAÚL LEMA XOGARÁ ESTE MES DE FEBREIRO COA SELECCIÓN ESPAÑOLA SUB-16 O TORNEO DESARROLLO UEFA EN TURQUÍA
Raúl Lema Díaz (Muxía, A Coruña, 3 de decembro de 2010) foi citado pola selección española sub-16 para disputar un Torneo Desarrollo UEFA na localidade turca de Antalya do luns 16 ao venres 27 de febreiro.Os rivais do combinado nacional serán Francia, Dinamarca e Inglaterra, con este calendario:Sábado 21 de febreiro12:15: FRANCIA - ESPAÑA, no Emirhan Sports Center StadiumLuns 23 de febreiro17:15: ESPAÑA - INGLATERRA, no Emirhan Sports Center StadiumXoves 26 de febreiro15:45: DINAMARCA - ESPAÑA, no Emirhan Sports Center StadiumO venres 27 será o regreso do canteirán á Coruña.Raúl Lema, que chegou a ANOSACANTEIRA ao Fabril FC Benxamín na temporada 2018-19, xoga habitualmente co Xuvenil B de Liga Nacional, no que esta temporada suma 7 partidos, todos eles no once inicial.No seu equipo, o Cadete de División de Honra, leva 11 partidos, 10 deles como titular, e 7 goles.Esta pasada fin de semana, Raúl Lema conseguiu coa selección galega sub-16 o ascenso á Primera División do Campeonato de España de seleccións autonómicas ao imporse a Canarias por 2-1, con dobrete goleador do deportivista; e La Rioja (1-4) cun tanto do centrocampista branquiazul.

O Alevín A e o Benxamín A avanzan a oitavos de final do Mini ...

Zas, a punto para a súa 10ª edición do DéporCampus

O equipo Genuine da RC Deportivo Fundación comparte unha xorn...

O RC Deportivo Business Club pon o broche final á temporada c...

O Alevín A e o Benxamín A comezan este martes 16 de xuño a sú...

A RC Deportivo Fundación levou a cabo en Cambre unha nova act...