
DÉPOR · 6 MAIO 2025
O CLUB LOGRA OS SEUS PRIMEIROS OBXECTIVOS DEPORTIVOS Á ESPERA DE SUPERAR NOVOS RETOS ESTA MESMA TEMPORADA
O RC Deportivo encarrila a recta final da temporada e xa na recente fin de semana alcanzou algunhas das metas propostas a principios da mesma.O primeiro equipo masculino confirmou matematicamente a súa permanencia en LaLiga Hypermotion após a súa vitoria en ABANCA-RIAZOR ante o Albacete Balompié por 5-1. Os branquiazuis, xa con 53 puntos, aínda teñen opcións matemáticas de clasificarse para o play off de ascenso á máxima categoría do fútbol español.Pola súa banda, o Fabril logrou clasificarse para o play off de ascenso a Primera Federación após vencer á RS Gimnástica por 3-0. O UCAM de Murcia será o primeiro escollo para os de Manuel Pablo.Así mesmo, o Dépor ABANCA B proclamouse campión do grupo 1º de Tercera Federación e logrou o ascenso a Segunda Federación.De novo en categoría masculina, o Xuvenil A foi campión do grupo 1º da División de Honra e agora medirase ao CD Tenerife nos cuartos de final da Copa de Campións, paso previo á soñada Final Four de Ponferrada.Tamén houbo éxitos nas categorías inferiores femininas. O Orzán SD Sub-21 logrou o ascenso á Tercera Federación, categoría na que antes militaba o Dépor ABANCA B.E o Orzán SD Xuvenil está a un paso de ascender á Primera Autonómica.Non nos podemos esquecer dos nosos internacionais, cada vez en maior número nas categorías inferiores de España, Marrocos, Honduras... A lista é numerosa tanto en categoría masculina como feminina: Yeremay, Michi Apóstol, David Mella, Kevin Sánchez, Raúl Lema, Nico Balbas, Nikolay Dyulguerov, Antón Vilariño, Elena Vázquez, Lucía Rivas, Antía Veiga, Claudia Sande e Dunia Dahmouni.A Cidade Deportiva de Abegondo, unha das instalacións máis modernas de Europa, é xa un referente de talentos.A pesar dos recentes éxitos cultivados, o Club non dá un paso atrás e continúa a súa pelexa por cumprir máis obxectivos nesta recta final da temporada.

Os Nosos reciben o cariño de ABANCA e Estrella Galicia nunha ...

O RC Deportivo conclúe a súa rolda de visitas institucionais ...

A Coruña abrazou a Os Nosos nunha madrugada inesquecible na f...

Medalla de prata para o Fabril FC Alevín no Torneo Internacio...

Doblete de Bil no Estadio José Zorrilla para darlle os 3 punt...

Vitoria do Orzán SD Xuvenil no único partido de ANOSACANTEIRA...