RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
O Dépor ABANCA, "con moi boas sensacións", encara desde mañá o reto do UD Costa Adeje Tenerife Egatesa

DÉPOR ABANCA · 17 MARZO 2025

O DÉPOR ABANCA, "CON MOI BOAS SENSACIÓNS", ENCARA DESDE MAÑÁ O RETO DO UD COSTA ADEJE TENERIFE EGATESA

O Dépor ABANCA regresa mañá martes 18 de marzo aos adestramentos en Abegondo de cara á seguinte cita ligueira, o sábado 22 de marzo ás 12:00 (Dazn) en ABANCA-RIAZOR ante o UD Costa Adeje Tenerife Egatesa correspondente á 23ª xornada na Liga F.Os resultados da pasada fin de semana, co empate no Estadio Alfredo Di Stéfano ante o Real Madrid CF, deixaron ás Nosas na 12ª posición con 22 puntos.Fran Alonso, técnico deportivista, cualifica o resultado ante as madrileñas como "un puntazo para nós. Enfrontámonos a un dos mellores equipos de Europa, no seu campo. Expuxemos moi ben o partido, soubemos sufrir cando tocou sufrir e das poucas que tivemos soubemos aproveitar dúas".Asegura que as branquiazuis regresaron á Coruña "con moi boas sensacións porque puntuar neste campo é moi difícil".

O Dépor ABANCA completará até o choque ante as tinerfeñas un total de 4 sesións de traballo matinais en Abegondo, con almorzo e comida para as futbolistas na propia instalación.A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:Martes 18 de marzo11:00 h.Mércores 19 de marzo11:00 h.Xoves 20 de marzo11:00 h.Venres 21 de marzo11:00 h.Sábado 22 de marzo12:00: Deportivo ABANCA - UD Costa Adeje Tenerife Egatesa, en ABANCA-RIAZOR