RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
O Dépor arrinca a semana de traballo con Juan Gauto co alta para competir en Zaragoza

DÉPOR · 20 MAIO 2025

O DÉPOR ARRINCA A SEMANA DE TRABALLO CON JUAN GAUTO CO ALTA PARA COMPETIR EN ZARAGOZA

O Dépor arrincou este martes 20 de maio a semana de traballo con vistas ao encontro deste domingo 25 de maio ás 18:30 (LaLiga TV Hypermotion) ante o Real Zaragoza en La Romareda, correspondente á 41ª xornada (penúltima) en LaLiga Hypermotion.Óscar Gilsanz dispuxo unha activación con rondos; un exercicio de posición con porterías pequenas; e fútbol reducido, de alta intensidade, no que non participaron os que foron titulares o pasado sábado ante o Granada CF en ABANCA-RIAZOR.A novidade é Juan Gauto, que recibiu a alta competitiva e está a disposición dos técnicos para o encontro ante o Real Zaragoza.O arxentino, do mesmo xeito que Sergio Escudero co seu cóbado esquerdo, adiantou varias semanas o seu proceso de recuperación grazas ao traballo dos Servizos Médicos do RC Deportivo (médicos, fisioterapeutas, readaptadores...)Están hoxe con traballo personalizado Mella, Hugo Rama, José Ángel, Ximo Navarro, Dani Barcia e Mario Soriano, con Eddahchouri en repouso deportivo no seu domicilio.Alberto, Kevin Sánchez, Mardones, Samu e Guerrero foron os representantes de #ANOSACANTEIRA.Mañá xoves, o Dépor adestrarase de novo a partir das 11:00 horas na Cidade Deportiva.