
DÉPOR · 6 ABRIL 2026
O DÉPOR ARRINCA ESTE MARTES 7 DE ABRIL A SEMANA PREVIA Á VISITA Á SD HUESCA PARA "SEGUIR LOITANDO POR ESTAR NESA ZONA QUE CHE DEA OPCIÓNS A PELEXAR POR TODO"
O Dépor, hoxe con traballo complementario para lesionados e futbolistas con adestramento específico, comeza este martes 7 de abril a preparar a visita á SD Huesca deste domingo 12 de abril ás 16:15, en partido retransmitido por LaLiga TV Hypermotion, GOL, TVG e Cayo TV.Os resultados da última xornada deixaron a Os Nosos en 3ª posición de LaLiga Hypermotion con 60 puntos, por detrás da UD Almería (61) e Real Racing Club (62).Antonio Hidalgo prefire non facer contas nesta recta final: "Os puntos van ser o que teñan que ser".Ademais, cre que a estas alturas do campionato "é clave ir aos poucos para sumar de 3, seguir loitando por estar nesa zona que che dea opcións a pelexar por todo".A visita á SD Huesca será especial para o técnico deportivista porque "pasei case 2 temporadas alí. Teño un recordo espectacular. Quixéronme moitísimo. Teño ganas de ver a xente que hai tempo que non vexo"; pero, iso si, "teño moita ambición por lograr os 3 puntos".O corpo técnico branquiazul dispuxo de 5 sesións de adestramento, 4 delas no Dépor Training Center e a última, o sábado 11 de abril, ás 17:30 na Base Aragonesa de Fútbol, cidade deportiva do conxunto oscense.A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:Luns 6 de abrilTraballo complementarioMartes 7 de abril10:30 h., Dépor Training CenterMércores 8 de abril10:30 h., Dépor Training CenterXoves 9 de abril10:30 h., Dépor Training CenterVenres 10 de abril10:30 h., Dépor Training CenterSábado 11 de abril17:30, Base Aragonesa de FútbolDomingo 12 de abril16:15: SD Huesca - Deportivo, en El Alcoraz


Vitoria do Orzán SD Xuvenil no único partido de ANOSACANTEIRA...

O xuvenil Nico Balbas concentrarase en Alacant coa selección ...

Resultados deste sábado 23 de maio en ANOSACANTEIRA, con subc...

Os Nosos poñen rumbo á Fan Zone de Riazor nunha noite de fest...

O RC Deportivo regresa a Primera División

O Dépor visita este domingo 24 de maio ás 18:30 o Real Vallad...