
DÉPOR · 23 ABRIL 2026
O DÉPOR MUSEO & TOUR LANZA DESCONTOS DO 35% ATÉ FINAL DE TEMPORADA PARA MAIORES DE 65 ANOS, DESEMPREGADOS E ESTUDANTES
O Dépor Museo & Tour pon en marcha dunha nova política de descontos que estará vixente até o final da presente temporada, co obxectivo de facilitar o acceso ás súas instalacións e achegar a historia do Club a un público máis amplo.Esta promoción contempla un 35% de desconto sobre a tarifa correspondente en función do perfil de cada visitante, beneficiando aos seguintes colectivos e días da semana:-Martes: Persoas maiores de 65 anos e persoas desempregadas.-Mércores: Estudantes de Formación Profesional (grao medio e superior), graos universitarios e másteres.Para garantir a correcta aplicación destes descontos, será necesario acreditar a condición correspondente mediante a seguinte documentación:-Maiores de 65 anos: DNI ou outro documento oficial de identidade que inclúa a data de nacemento.-Persoas desempregadas: cartón de demanda de emprego en vigor ou certificado de situación como demandante de emprego emitido polo servizo público de emprego correspondente.-Estudantes: carné de estudante vixente ou documento oficial de matrícula do curso actual.Con esta iniciativa, o Dépor Museo & Tour reforza o seu compromiso coa accesibilidade e a difusión da historia e os valores do Club, ofrecendo unha experiencia enriquecedora tanto para afeccionados como para visitantes.Estas entradas con desconto pódense adquirir de forma presencial ou a través da dirección [email protected], do teléfono 881 123 973 ou do Whatsapp +34 656 94 37 29.

Antía Veiga, convertida nun pilar da selección española sub-1...

Paula Gutiérrez: "Podemos escalar posicións e o equipo está c...

Nsongo Bil insiste tras recoller o Premio Estrella en "tentar...

O Dépor acelera a preparación do partido ante o FC Andorra ap...

O RC Deportivo activa a prerreserva de entradas para a visita...

Nsongo Bil e Paula Gutiérrez recibiron o Premio Estrella Gali...