
DÉPOR FABRIL · 3 MAIO 2026
O FABRIL PECHA POLA PORTA GRANDE A TEMPORADA CUNHA GOLEADA POR 0-4 EN ÁVILA GRAZAS Á SÚA ENORME PEGADA
O Fabril concluíu a súa histórica temporada en Segunda Federación, con título e ascenso incluídos, cunha goleada (0-4) ante un Real Ávila CF que se xogaba entrar no play off de ascenso.Con este resultado, o filial deportivista sumou 72 puntos, con 21 partidos gañados, 9 empatados e tan só 4 perdidos. Os fabrilistas marcaron 61 goles e tan só encaixaron 20.O grupo de Manuel Pablo foi o que máis puntos fixo dos campións dos 5 grupos, posto que o Real Unión Club rematou con 69 puntos no 2º, o UE Sant Andreu con 66 no 3º, o CD Extremadura con 63 no 4º e o CF Rayo Majadahonda con 70 no 5º.Desta forma, conseguiuse un dos obxectivos marcados polo adestrador fabrilista unha vez confirmado o ascenso: ser o conxunto con máis puntuación de toda a categoría.En Ávila foron baixa os lesionados Damián Canedo, Manu Ferreiro, Jaime Garrido, Hugo Ríos, Aarón, Quique Teijo e Pablo Cortés.Tampouco viaxaron Noe e Bil, que están en dinámica do primeiro equipo.O once inicial deixou o debut no once inicial do xuvenil Álvaro Fraga.Este centrocampista zurdo (Valdoviño, 3 de agosto de 2007) alcanza o penúltimo chanzo do RC Deportivo despois de 28 partidos no Xuvenil A de División de Honor, 26 deles como titular, con 13 goles.O partido arrancou equilibrado, cunha soa ocasión para Mane, sen precisión no seu remate.Pouco a pouco os abulenses, máis necesitados, puxeron cerco á meta de Álex Marqués.Primeiro Runy, aos 11 minutos, fallou un man a man que sacou co corpo o porteiro fabrilista.Case ao minuto, Gonza estrelou o balón no traveseiro da portería do filial deportivista, con Álex Marqués xa batido.Sufría o Fabril neste primeiro arreón do Real Ávila CF, necesitado da vitoria.Á media hora, Dipanda adiantou o conxunto de Manuel Pablo. O dianteiro blanquiazul aproveita un gran centro de Fabi. Foi o seu 8º gol nesta temporada para unha das grandes revelacións.Respondeu o equipo castelán con Grillo, no 36. Rematou alto ao bordo da área pequena un centro lateral desde a banda dereita.Con 0-1 chegouse ao descanso.A primeira ocasión da segunda metade foi para o Real Ávila CF. Grillo cabeceou un centro desde a dereita. O balón foise lixeiramente alto.Manuel Pablo comeza a mover o banco: Samu e Nájera substitúen Malick e Papa Niang. Corría o minuto 59.Un minuto antes, Vilela despexou como puido outro centro lateral abulense tras unha contra.Golpeou de novo o Fabril aos 67 minutos, desta volta por mediación de Fabi.O atacante segoviano aproveitou unha boa asistencia de Álvaro Fraga e non perdoou ante o meta Óscar.O Real Ávila veu abaixo e o Fabril ulíu sangue.Pouco despois, no 71, Nájera sentenciou o partido co 0-3 ao pescar un balón sen dono dentro da área abulense e fusilar a Óscar.Xa con todo visto para sentenza, de novo Nájera puxo o 0-4 no marcador ao rematar de volea unha brillante acción persoal de Mane. Con este dobrete, o rioxano remata a liga con 15 goles na 2ª posición da táboa de goleadores.Desta forma, o Fabril conclúe unha tempada histórica a o grande.Real Ávila CF: Óscar, J. del Amo, Pascual, Vitolo (Adri Carrión, min. 75), Runy, Carlos Pérez, Markel Ruiz (Álex Moreno, min. 75), Dani Sánchez (Prince, min. 66), Gonzalo Serrano (Diego López, min. 84), Javi Grillo (Diego Lorenzo, min. 66) e UrbinaFabril: Álex Marqués, Pablo García (Dani Estévez, min. 72), Vilela, Malick (Samu, min. 59), Íker Vidal, Papa Niang (Nájera, min. 59), Enrique, Fabi, Mane, Álvaro Fraga (Mario Hermo, min. 72) e Dipanda (Íker Gil, min. 78)Árbitro: Carlos Fernández, do comité asturiano. Amonestou Dani Sánchez (min. 32), Javi Grillo (min. 48), Papa Niang (min. 52), Álex Moreno (min. 85) e Vilela (min. 90)Goles: 0-1 Dipanda (min. 32); 0-2 Fabi (min. 67); 0-3 Nájera (min. 71); 0-4 Nájera (min. 81)Incidencias: partido disputado no Estadio Municipal Adolfo Suárez

Resultados en ANOSACANTEIRA feminina, con claro triunfo este ...

Resultados en ANOSACANTEIRA, con título este domingo 3 de mai...

As Nosas adéstranse este luns 4 de maio ás 10:45 no Dépor Tra...

Derrota pola mínima dun Dépor ABANCA que mereceu "moitísimo m...

Resultados deste sábado 2 de maio en ANOSACANTEIRA feminina e...

Resultados deste sábado 2 de maio en ANOSACANTEIRA e calendar...