RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Derrota pola mínima dun Dépor ABANCA que mereceu "moitísimo máis" fronte a unha Real Sociedad xa de Champions

DÉPOR ABANCA · 3 MAIO 2026

DERROTA POLA MÍNIMA DUN DÉPOR ABANCA QUE MERECEU "MOITÍSIMO MÁIS" FRONTE A UNHA REAL SOCIEDAD XA DE CHAMPIONS

O Dépor ABANCA iniciou o mes de maio, último de liga, este domingo 3 en ABANCA-RIAZOR cunha inxusta derrota (1-2) ante a Real Sociedad, en partido correspondente á 27ª xornada en Liga F.En rolda de prensa, Fran Alonso falou de "moi mala sensación" polo resultado "porque merecemos moitísimo máis".Este resultado deixa As Nosas con 27 puntos na 12ª posición.O equipo, que segue coa baixa de Millene Cabral, recuperou a Yohana, xa restablecida da súa lesión muscular.Pola contra, foron baixa Vera, con unhas molestias musculares; e Magaia, que "tiña unhas pequenas molestias (nun ombreiro) e o outro día nun adestramento tivo un pequeno tirón e agravouse un pouco a lesión. Temos que mirar o alcance. Non parece moi grave pero imposibilitoulle estar na convocatoria", desvelou o responsable técnico blanquiazul.Lucía Rivas, Paula Novo, Carmen e Sonsoles foron as representantes de ANOSACANTEIRA. Todas elas comezaron no banco.Pola súa banda, a Real Sociedad chegaba a ABANCA-RIAZOR coa intención de certificar cun triunfo a súa clasificación para a Champions League.O deste mediodía foi o terceiro partido entre ambos conxuntos esta tempada.Na primeira volta, en Zubieta o pasado 14 de decembro, venceron por 3-0 as donostiarras.E nos oitavos de final da Copa de la Reina en ABANCA-RIAZOR o pasado 21 de decembro tamén gañaron as realistas por 1-4.Con ANOSAFORZA entrando aínda no estadio, ao minuto de partido Bárbara adiantou o Dépor ABANCA co que será, seguramente, un dos mellores goles da xornada e o máis rápido da temporada en Liga F. A porteira Arrula saca mal a pelota, córtaa a deportivista en zona de tres cuartos e marca de vaselina vendo a posición adiantada da gardameta visitante.Olaya puido lograr o segundo aos 8 minutos. Ao ir presionar a Arrula no seu despexe, tropézalle o balón, que colle dirección á portería. A gardameta donostiarra adiantouse no último intre á centrocampista blanquiazul cando ía rematar a porta baleira.Intentou reaccionar a Real Sociedad, con ataques sobre todo pola banda esquerda.Pero o perigo era do Dépor ABANCA.Nunha outra contra lanzada de novo por Bárbara o balón cáelle a Espe Pizarro na área vasca pero o seu remate desvíao Arrula no último intre.Non acertaba a crear ocasións a Real Sociedad ante un Dépor ABANCA cómodo co guión do partido.Pasada a media hora, noutra transición de Bárbara, Espe Pizarro, que de novo volve recoller o balón na área visitante, non logra superar a Arrula en posición escorada."O gol chegou pola nosa presión agresiva. Logo tivemos outras ocasións para ampliar o marcador", lembrou o adestrador do Dépor ABANCA.Practicamente o único disparo da Real Sociedad, ás mans de Inês Pereira, chegou no minuto 35, obra de Cahynová.E no único desaxuste defensivo deportivista, no minuto 41, Fernández, ao bordo da área, chuta raso. O balón foise rozando o pau dereito da meta de Inês Pereira.O partido chegou ao descanso con longas posesións do Dépor ABANCA, que borrou do campo un equipo candidato á Champions League.Iso si, Ainhoa Marín, desde fóra da área, estivo a piques de bater de novo a Arrula xusto sobre o asubío final."A primeira parte foi moi boa. Limitamos un rival con moitísima calidade, que hoxe se clasificou para a Champions, a cero ocasións. Tivemos moitísimo control", resumiu o preparador deportivista.Tras o paso polos vestiarios empatou a Real Sociedad por mediación de Paula Fernández, que meteu un centro lateral cunha deixada incluída de cano de Eizagirre."Ese gol fíxonos moitísimo dano. Vén moi pronto despois de ter moi boas sensacións", opinou Fran Alonso.O tanto esporeou as donostiarras, que puxeron cerco á portería de Inês Pereira.Pouco a pouco o Dépor ABANCA foi equilibrando o partido.Á hora de xogo, Espe Pizarro estrelou un balón no traveseiro da portería de Arrula. A internacional uruguaia recibiu na banda esquerda, recortou á súa par no balcón da área e estivo a piques de poñer de novo por diante As Nosas.A pegada da Real Sociedad desnivelou o partido no minuto 71.Cecilia recibe no corazón da área, libre de marca, un centro lateral tamén pola dereita e coloca o balón lonxe do alcance de Inês Pereira."Foi o único achegamento de perigo que tiñan", lamentouse o técnico deportivista.Fran Alonso deu entrada a Marisa e Paula Novo por Bárbara e Monteagudo.Para a recta final optou polo talento de Lucía Rivas, que relevou a Samara; ademais de Elena por Lucía Martínez.Lavogez intentou sorprender a Inês Pereira cunha vaselina desde moi lonxe. O balón foise demasiado alto.A gran ocasión para o empate foi un centro-chut de Paula Novo desde a banda dereita que Arrula non despexa e que salva unha defensora vasca na raia de gol cando o balón se coaba.O partido rematou na área da Real Sociedad cun Dépor ABANCA volcado a polo empate. Faltou claridade para, cando menos, arañar un punto máis que merecido."O equipo deuno absolutamente todo. Ver un equipo de Champions pedindo a hora di moito da actitude e da fame destas xogadoras. Ata o último momento cremos e merecemos polo menos o punto", concluíu Fran Alonso.Deportivo ABANCA: Inês Pereira, Samara (Lucía Rivas, min. 85), Barth, Raquel, Monteagudo (Paula Novo, min. 71), Lucía Martínez (Elena, min. 85), Paula Gutiérrez, Olaya, Bárbara (Marisa, min. 71), Ainhoa Marín (Lía, min. 92) e Espe PizarroReal Sociedad: Arrula, Moraza, Apari, Paula Fernández, Mirari (Lavogez, min. 71), Eizagirre (Lucía Pardo, min. 78), Cecilia (Intza, min. 71), Lucía, Emma (Florentino, min. 71), Cahynová e Aiara (Iraia, min. 78)Árbitra: Elena Peláez, do comité castelán-leonés. Amonestou a Paula Gutiérrez (min. 30), Samara (min. 53), Paula Monteagudo (min. 59), Barth (min. 90) e Lavogez (min. 98)Goles: 1-0 Bárbara (min. 1); 1-1 Paula Fernández (min. 47); 1-2 Cecilia (min. 71)Incidencias: partido disputado en ABANCA-RIAZOR ante 653 espectadores