RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
O Dépor prepárase para arrincar este domingo en Oviedo un mes de marzo "importante"

DÉPOR · 26 FEBREIRO 2025

O DÉPOR PREPÁRASE PARA ARRINCAR ESTE DOMINGO EN OVIEDO UN MES DE MARZO "IMPORTANTE"

Despois da xornada de descanso de onte martes, o Dépor regresou hoxe mércores aos adestramentos en Abegondo coa única ausencia de Escudero, con adestramento personalizado.Os Nosos prepáranse para comezar no Carlos Tartiere de Oviedo este domingo 2 de marzo ás 16:15 (LaLiga TV Hypermotion) un mes que Pablo Vázquez cualificou en rolda de prensa como "importante porque en abril e maio sentes que a marxe de erro é mínimo".Engade que marzo "é importante para chegar dunha maneira folgada a final de temporada, sabendo que podamos conseguir o obxectivo principal canto antes e o que vaiamos sacando, bo é".Marzo é clave "para non chegar con esa ansiedade, esa urxencia ou o que se poida xerar aquí; e tentar chegar da mellor maneira posible", conclúe o central deportivista.Óscar Gilsanz dispuxo unha activación con rondos; e un exercicio de posición, fútbol reducido e finalizacións en grupos. Todo iso no campo 2.Kevin Sánchez e Alberto foron os representantes de ANOSACANTEIRA.Mañá xoves, Os Nosos adestraranse de novo a partir das 11:00 na Cidade Deportiva.