
DÉPOR · 11 NOVEMBRO 2025
O DÉPOR VISITARÁ AO CE SABADELL FC NA SEGUNDA ROLDA DA COPA DEL REY
O Deportivo visitará á CE Sabadell FC na segunda rolda da Copa del Rey segundo o sorteo celebrado este martes na sede da RFEF.A eliminatoria, a partido único, xogarase entre o martes 2 e o xoves 4 de decembro na Nova Creu Alta ao ser equipo de inferior categoría.O conxunto catalán milita no grupo 1º da Primera Federación. Marcha na 5ª posición con 17 puntos.Dépor e CE Sabadell FC víronse as caras na Nova Creu Alta o 22 de outubro de 2023 en partido da 9ª xornada de Primera Federación. Naquela ocasión venceron os branquiazuis por 0-1 con gol de Martín Ochoa aos 7 minutos.O encontro será especial para o técnico deportivista, que dirixiu á CE Sabadell FC desde o 3 de abril de 2019 ao 21 de novembro de 2021, cun total de 96 encontros no banco incluído un ascenso a Segunda División.Na primeira rolda desta edición da Copa del Rey, o Dépor apeou á UD Sámano ao vencer en Castro Urdiales por 1-4 e a CE Sabadell FC á UD Poblense após gañar por 1-2 en La Puebla (Mallorca).

A Quagliata pónselle a pel de galiña en cada recibimento en A...

O Dépor mídese en ABANCA-RIAZOR ao RCD Espanyol o mércores 27...

O Dépor, "adestrando ben despois dunha vitoria importante", e...

Noé Carrillo renova polo RC Deportivo ata 2029.

Tres adestramentos para o Dépor ABANCA antes da visita ao Ath...

Novo obradoiro de formación do proxecto 'One Team no Limits'