
DÉPOR · 5 MAIO 2026
A QUAGLIATA PÓNSELLE A PEL DE GALIÑA EN CADA RECIBIMENTO EN ABANCA-RIAZOR E PIDE ESTE VENRES EN CÁDIZ "CONCENTRACIÓN"
Giocomo Quagliata pasouse este martes 5 de maio pola sala de prensa do Dépor Training Center.Confesa que "cando vimos no bus con toda ANOSAFORZA fóra que che está a empurrar é unha tolemia. Pónseche a pel de galiña. É incrible. Para todos nós é un soño contar con esta afección que che empurra así. Temos que estar todos xuntos até o final".Preguntado polo penalti sinalado en contra o pasado venres 1 de maio en ABANCA-RIAZOR cre que "non podemos facer nada, só falar. Temos persoas que falan disto. Nós temos que pensar en conseguir resultados no campo".Quagliata pide "pensar non no pasado nin no futuro senón no presente, no partido que vén".Do encontro deste venres 8 de maio ás 20:30 (LaLiga TV Hypermotion e Fútbol 2, dispoñible en DIGI TV e outras plataformas) ante Cádiz CF advirte que "a partir de agora todos os campos son difíciles. Como no resto de partidos temos que estar concentrados, poñer a garra no campo e loitar até o último minuto".Ve dous equipos, o Dépor e o Cádiz CF, "cunha motivación moi grande. Claramente é un partido difícil, fóra de ABANCA-RIAZOR. Se nós temos esta concentración, esa madurez dos últimos partidos seguro que obteremos un bo resultado".Na 3ª posición de LaLiga Hypermotion con 68 puntos tras a UD Almería (70 puntos) e Real Racing Club (72 puntos), Quagliata é da opinión de "non facer contas aínda que a xente as faga. Intentaremos gañar todos os partidos. Sabemos que non é doado. Son partidos fodidos pero o equipo seguro que loitará até o final".

O Dépor mídese en ABANCA-RIAZOR ao RCD Espanyol o mércores 27...

O Dépor, "adestrando ben despois dunha vitoria importante", e...

Noé Carrillo renova polo RC Deportivo ata 2029.

Tres adestramentos para o Dépor ABANCA antes da visita ao Ath...

Novo obradoiro de formación do proxecto 'One Team no Limits'

Antía Veiga arrinca este martes 5 de maio ante Finlandia o Ca...