
DÉPOR · 5 MAIO 2026
O DÉPOR, "ADESTRANDO BEN DESPOIS DUNHA VITORIA IMPORTANTE", ENSAIA O SEU PLAN PARA ESTE VENRES 8 DE MAIO NO ESTADIO NUEVO MIRANDILLA
O Dépor ensaiou no campo 2 do Dépor Training Center, baixo unha auténtica treboada de auga, o seu plan de partido para o choque fronte ao Cádiz CF deste venres 8 de maio ás 20:30 (LaLiga TV Hypermotion e Fútbol 2, dispoñible en DIGI TV e outras plataformas) no Estadio Nuevo Mirandilla.Giocomo Quagliata asegurou que o equipo está "ben, adestrando ben despois dunha vitoria importante" en referencia ao triunfo fronte ao CD Leganés do pasado venres 1 de maio en ABANCA-RIAZOR.O italiano insiste en "seguir sen pensar en nada fóra do campo" e en "loitar até o final, como estamos a facer".Considera importante, pois, "pensar no partido da semana e conseguir un bo resultado".

Os futbolistas, agás David Mella, comezaron cunha activación, uns rondos con porterías pequenas e un xogo de posición.Bil e Noé foron os representantes de ANOSACANTEIRA.Este mércores 6 de maio o Dépor adestrarase de novo no Dépor Training Center a partir das 10:30 horas.

Antía Veiga, convertida nun pilar da selección española sub-1...

Paula Gutiérrez: "Podemos escalar posicións e o equipo está c...

Nsongo Bil insiste tras recoller o Premio Estrella en "tentar...

O Dépor acelera a preparación do partido ante o FC Andorra ap...

O RC Deportivo activa a prerreserva de entradas para a visita...

Nsongo Bil e Paula Gutiérrez recibiron o Premio Estrella Gali...




