
DÉPOR ABANCA · 22 SETEMBRO 2026
MARISA GARCÍA E AINOA GÓMEZ XÓGANSE ESTE MÉRCORES 23 ANTE ITALIA UN POSTO NA FINAL DO MUNDIAL SUB-20
Foto: RFEF.esA España sub-20 das deportivistas Marisa García e Ainoa Gómez xógase este mércores 23 de setembro ante Italia un posto na final do Campionato do Mundo da categoría.O encontro, inédito entre ambas as seleccións, comezará ás 15:00 no Estadio Miejski LKS de Lodz e poderase seguir en directo por Teledeporte e RTVE Play.O combinado nacional chega a este encontro tras eliminar a Brasil nos cuartos de final: 0-1.Marisa saltou ao céspede no minuto 66 en substitución de Alba Cerrato, mentres que Ainoa Gómez seguiu o encontro desde o banco.Pola súa banda, Italia superou nos cuartos de final á República de Corea (1-3) e nos oitavos á República Popular China na quenda de penaltis: 1-1 no partido e 5-4 nos penaltis.Tamén nos oitavos de final, España superou por 2-0 a Portugal cun gol de Marisa, o seu 4º no torneo, e con Ainoa Gómez tamén como titular.As dúas xogadoras do Dépor ABANCA participaron nos 3 encontros de España na Primeira Fase. Saíron de inicio ante Nixeria e Nova Caledonia, mentres que xogaron na segunda metade do terceiro encontro ante a República Popular China.O calendario de partidos do combinado español no Mundial, cos resultados dos xa disputados, é o seguinte:Primera FaseLuns 7 de setembroESPAÑA 2 - NIXERIA 0Xoves 10 de setembroESPAÑA 11 - NOVA CALEDONIA 0Domingo 13 de setembroREPÚBLICA POPULAR CHINA 1 - ESPAÑA 3Mércores 16 de setembroOitavos de finalESPAÑA 2 - PORTUGAL 0Sábado 19 de setembroCuartos de finalBRASIL 0 - ESPAÑA 1Mércores 23 de setembroSemifinais15:00: ITALIA - ESPAÑA, no Estadio Miejski LKS de Lodz

O RCD Espanyol, no horizonte dunha nova semana de competición...

A Fundación do RC Deportivo colabora coa Carrera de la Mujer ...

Primeira semana de parón ligueiro para Os Nosos, con "marxe d...

O Dépor xogará no Estadio Metropolitano ante o Atlético de Ma...

Os abonados e abonadas xa poden retirar a súa invitación obri...

Adestramento intenso para os futbolistas que non foron titula...