
DÉPOR · 21 SETEMBRO 2026
ADESTRAMENTO INTENSO PARA OS FUTBOLISTAS QUE NON FORON TITULARES ANTE O REAL BETIS NUNHA XORNADA COA «BAIXA MOI IMPORTANTE PARA NÓS» DE MARC CASADÓ
Os futbolistas que non saíron de inicio ante o Real Betis tiveron un adestramento de alta intensidade este luns 21 de setembro no Dépor Training Center.O corpo técnico, tras a activación de todo o cadro, dispuxo para eles unha roda de pases, un exercicio de finalizacións e fútbol reducido, de alta intensidade.Para os titulares, incluído Diego Villares, que substituíu a Casadó no minuto 34 de partido, a xornada foi de recuperación física, a base de ximnasio e fisioterapia.Xa faltaron os internacionais, de viaxe ás concentracións das súas respectivas seleccións: Nsongo Bil con Camerún, Lucas Noubi con Bélxica sub-21, Bright Ede con Polonia sub-21 e José María Giménez con Uruguai.

Tampouco estivo no Dépor Training Center Marc Casadó, operado no Hospital HM Modelo dunha fractura na súa clavícula dereita.Na rolda de prensa pospartido, Antonio Hidalgo, xa consciente da gravidade da lesión, cre que a súa baixa é "moi importante para nós. É un xogador de moitísimo talento, que o demostrou no Barça e na selección española, un xogador con moita fame, moito compromiso, novo, que quere seguir medrando, que apostou forte por vir aquí".Este martes 22 de setembro hai xornada de descanso para os futbolistas branquiazuis.O equipo volve aos adestramentos o mércores 23 ás 10:30 no Dépor Training Center nunha semana sen liga, pero con amigable este venres 25 de setembro ás 20:00 (hora galega, 19:00 hora local, YouTube RC Deportivo) no Estadio 25 de abril ante o FC Penafiel da Segunda División lusa.


Os abonados e abonadas xa poden retirar a súa invitación obri...

Alberto Rodríguez quere que o triunfo ante o Granada CF «nos ...

José María Giménez: "Soño con facer unha temporada moi boa e ...

Antonio Hidalgo: "O equipo ten un gran compromiso, unha gran ...

Parte médico de Marc Casadó

O RC Deportivo e SBL Education lanzan o Máster en Fútbol Data...