RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Primeira semana de parón ligueiro para Os Nosos, con "marxe de mellora especialmente na parte defensiva", e amigable en Penafiel

DÉPOR · 22 SETEMBRO 2026

PRIMEIRA SEMANA DE PARÓN LIGUEIRO PARA OS NOSOS, CON "MARXE DE MELLORA ESPECIALMENTE NA PARTE DEFENSIVA", E AMIGABLE EN PENAFIEL

O Dépor, este martes 22 de setembro con xornada de descanso, goza da súa primeira semana de parón ligueiro das 2 previstas no calendario polos compromisos das seleccións nacionais.Tras o triunfo ante o Real Betis, Os Nosos concluíron esta parte inicial do campionato de 7 partidos con 10 puntos, situados na 7ª posición de LaLiga EA Sports.Antonio Hidalgo, resignado, comenta sobre este parón que "isto é como é, vén como vén e hai que aceptalo".Insiste en que "temos marxe de mellora especialmente na parte defensiva para poder estar algo máis axustados. Temos que axustar diferentes combinacións dentro do terreo de xogo".Nestes días sen competición oficial, ademais, "os xogadores con menos ritmo seguramente van poder collelo nestas 2 semanas".Lembra o técnico deportivista que lle parece "demasiado longo, pero é o que hai".Non hai liga, pero si haberá fútbol.

deportivo0922.jpg

O Deportivo e o FC Penafiel disputarán un partido amigable o venres 25 de setembro no Estadio 25 de Abril, en Penafiel, que dará comezo ás 20:00 hora galega (19:00 hora local).O amigable enmárcase na relación que manteñen ambas as entidades e permitirá aos seus respectivos proxectos deportivos compartir unha xornada sobre o terreo de xogo, ademais de reforzar os vínculos institucionais existentes entre o RC Deportivo e o club portugués.Os abonados do RC Deportivo poderán adquirir 2 entradas a un prezo de 5 euros cada unha. O prezo para o público xeral será de 10 euros.Para beneficiarse desta promoción, cada abonado deberá identificarse como tal durante o proceso de compra. As entradas para o partido pódense adquirir a través da plataforma oficial de venda, premendo nesta ligazón.Antes do encontro en Portugal están previstas dúas sesións de adestramento no Dépor Training Center, coa seguinte planificación:Mércores 23 de setembro10:30 h.Xoves 24 de setembro10:30 h.Venres 25 de setembro20:00 (19:00 hora local): FC Penafiel - Deportivo, no Estadio 25 de abril (Penafiel)Sábado 26 de setembroDescansoDomingo 27 de setembroDescanso