RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
A Fundación do RC Deportivo colabora coa Carrera de la Mujer doando entradas para o partido do Dépor ABANCA

DÉPOR ABANCA · 22 SETEMBRO 2026

A FUNDACIÓN DO RC DEPORTIVO COLABORA COA CARRERA DE LA MUJER DOANDO ENTRADAS PARA O PARTIDO DO DÉPOR ABANCA

A Fundación RC Deportivo e o Dépor ABANCA reafirman o seu compromiso co deporte feminino e cos valores solidarios colaborando coa Carrera de la Mujer Central Lechera Asturiana, un dos eventos deportivos e sociais máis importantes do país, que se celebrará na Coruña o vindeiro domingo 27 de setembro.

Como mostra deste apoio, o Club doará entradas para o partido que enfrontará o Dépor ABANCA co RCD Espanyol o mesmo domingo ás 18:00h en ABANCA-RIAZOR. Cada unha das participantes da carreira poderá conseguir dúas entradas para o encontro, ata esgotar existencias, a través da seguinte ligazón, co seu código promocional.

Con esta acción e baixo o concepto “VOA COAS NOSAS”, o Club reforza tamén o apoio ao Dépor ABANCA, que este ano celebra o seu décimo aniversario e que disputa, por primeira vez na súa historia, a súa terceira temporada consecutiva na Liga F.

A Carrera de la Mujer é un evento deportivo que busca fomentar a práctica de actividade física entre mulleres de todas as idades, ademais de visibilizar e loitar contra o cancro de mama, a violencia de xénero e a desigualdade. Pola súa parte, a Fundación do RC Deportivo promove o fútbol como unha ferramenta de transformación social, educando en valores, inspirando á mocidade e fomentando unha sociedade máis inclusiva, solidaria e igualitaria.