
DÉPOR ABANCA · 21 SETEMBRO 2026
ALBERTO RODRÍGUEZ QUERE QUE O TRIUNFO ANTE O GRANADA CF «NOS SIRVA DE IMPULSO PARA SEGUIR MEDRANDO»
Alberto Rodríguez manifestou ao remate do partido en Granada que está "moi feliz polo equipo, pola portería a cero. É moi difícil gañar nesta liga fóra da casa e que isto nos sirva de impulso para seguir medrando".Preguntado por Millene, protagonista do partido cos seus 2 goles, o técnico deportivista apunta que "é difícil convencer unha dianteira, sexa Millene ou calquera outra, cando non marca gol. O seu traballo estaba a ser bo. Insistímoslle en que confiase no seu proceso. Tardou máis en chegar do que a ela lle gustaría".Engadiu sobre a futbolista brasileira que "os adestradores temos que tratar de que ao equipo lle xeren poucas situacións de gol e de que o equipo xere moitas. Tivo o acerto de marcar nunha das primeiras e iso dálle moita confianza a unha dianteira. Alégrome moito polo seu traballo na presión, nas orientacións para facer saír o Granada CF por onde queriamos e nesas situacións de apoio que fixo moi ben. Fixo un partido moi completo, ao igual que o resto das compañeiras, que pola nosa maneira de xogar nos baleiramos moito nesas situacións de presión alta e moitas veces é difícil repetir esa cantidade de esforzos".Finalmente, sobre o penalti sinalado inicialmente a favor do Granada CF co 0-2 no marcador e logo anulado tras revisalo na pantalla, Alberto Rodríguez desvela que "traballamos esas situacións cos puños pechados para que non haxa esa sensación de agarrón. Eses movementos de brazos son bastante habituais na Liga F. Polo que nos transmitían, todo o mundo no noso banco tiña claro que non era. Quen o ten que revisar é a árbitra, por iso pedimos esa revisión. As xogadas de centro lateral son conflitivas non só nesta liga, senón tamén no fútbol masculino. Tratamos de evitar os agarróns, que son o máis visual; e traballar eses 'cuerpeos' cos brazos abertos que en ningún momento afecten á camiseta da xogadora rival".

Adestramento intenso para os futbolistas que non foron titula...

José María Giménez: "Soño con facer unha temporada moi boa e ...

Antonio Hidalgo: "O equipo ten un gran compromiso, unha gran ...

Parte médico de Marc Casadó

O RC Deportivo e SBL Education lanzan o Máster en Fútbol Data...

Resultados dunha fin de semana reducida en ANOSACANTEIRA femi...