
DÉPOR · 21 SETEMBRO 2026
JOSÉ MARÍA GIMÉNEZ: "SOÑO CON FACER UNHA TEMPORADA MOI BOA E LEVAR O DÉPOR ONDE MERECE ESTAR"
José María Giménez recoñeceu na zona mixta de ABANCA-RIAZOR que o primeiro tempo ante o Real Betis en ABANCA-RIAZOR «custounos un pouco. Eles tiveron máis o balón. Fixemos un traballo defensivo moi bo. Non tan bo ofensivamente» e engade que «no segundo tempo corriximos algúns detalles e foi totalmente noso».Conclúe que o empate «foi o máis xusto. Quedamos coa sensación de que podiamos conseguir a vitoria con ANOSAFORZA, co pulo. Faltounos esa chisca de tranquilidade nos últimos minutos. O porteiro deles fíxolle unha parada boísima a Aubameyang. Agora toca seguir traballando, darlle valor ao punto. Non estamos contentos. Queremos gañar, soñamos ao grande e ese é o noso obxectivo, gañar todos os partidos que nos toque xogar».Giménez ve o Dépor «cuns xogadores magníficos, cunha calidade tremenda. O segundo tempo somos nós. Ese é o Dépor. Iso é o que temos que amosar en cada partido. É cuestión de cabeza, de crelo porque estamos preparados para todo o que pasou no partido: para sufrir xuntos, para atacar xuntos e para remontar partidos que van ser moi difíciles contra rivais moi difíciles porque en Primera División todo é moi difícil».Pide centrarse en «medrar, en mentalizarnos de que temos que soñar porque os soños están para cumprirse».O defensa deportivista séntese «moi contento» no Dépor, nunha «cidade fermosa, preciosa. Ten unha xente magnífica que no día a día demostra agarimo, amabilidade. Lémbrame moito ao meu país pola temperatura, a costa... Encántame pasear pola Marina».Finalmente, desexa «ter un bo ano. Veño sumar, achegar onde me toque. Soño con facer unha temporada moi boa e levar o Dépor onde merece estar».

Adestramento intenso para os futbolistas que non foron titula...

Alberto Rodríguez quere que o triunfo ante o Granada CF «nos ...

Antonio Hidalgo: "O equipo ten un gran compromiso, unha gran ...

Parte médico de Marc Casadó

O RC Deportivo e SBL Education lanzan o Máster en Fútbol Data...

Resultados dunha fin de semana reducida en ANOSACANTEIRA femi...