
FUNDACIÓN · 4 MAIO 2026
NOVO OBRADOIRO DE FORMACIÓN DO PROXECTO 'ONE TEAM NO LIMITS'
O proxecto One Team no Limits, cofinanciado pola Unión Europea, desenvolveu un novo obradoiro de formación orientado fundamentalmente a adaptar o adestramento para que ninguén quede fóra do xogo.Así, nesta nova xornada tratáronse pequenos cambios na metodoloxía que xeren grandes diferenzas como máis participación, máis confianza e, sobre todo, máis goce dentro do campo.A inclusión non é unha idea, é algo que se adestra cada día.One Team no Limits usa o fútbol como ferramenta para a inclusión social, a igualdade de oportunidades e a integración de persoas con diversidade funcional.O obxectivo é crear un modelo de deporte máis accesible e participativo.


Antía Veiga arrinca este martes 5 de maio ante Finlandia o Ca...

O Dépor iniciou este luns 4 de maio unha semana curta de trab...

Manu Ferreiro, deportivista até 2029

Á venda as entradas para o Dépor - FC Andorra do domingo 17 d...

Fran Alonso: "Aquí ninguén déixase ir, aquí as vacacións son ...

Resultados en ANOSACANTEIRA feminina, con claro triunfo este ...