
DÉPOR FABRIL · 4 MAIO 2026
MANU FERREIRO, DEPORTIVISTA ATÉ 2029
Manuel Ferreiro Naranjo (Castroverde, Lugo, 9 de agosto de 2006), coñecido futbolisticamente como Manu Ferreiro, comprométese co RC Deportivo ata 2029.O centrocampista do Fabril incorporouse a ANOSACANTEIRA na temporada 2020-21 ao San Tirso SD Cadete.Debutou no filial en Segunda Federación o 14 de xaneiro de 2024 no campo Arsenio Iglesias ante o Real Avilés Industrial.A pasada temporada (2024-25), sendo aínda xuvenil, xa participou en 17 partidos de liga e 1 da promoción de ascenso co Fabril, 14 deles como titular. Anotou 3 goles, con 1 asistencia.Este curso xogou 14 partidos, 8 deles no once inicial, nos que marcou 1 gol.A súa renovación é unha mostra máis da aposta do club por ANOSACANTEIRA e polo talento formado no Dépor Training Center.Esta política de club persegue ofrecer un escenario de oportunidade para os novos talentos criados no Dépor Training Center e reflicte o compromiso do RC Deportivo cun proxecto de futuro no que os xogadores da casa están chamados a ter un papel fundamental.Parabéns, Manu!

Intenso sábado de amigables en ANOSACANTEIRA con partidos en ...

Fin a unha esixente pero positiva pretemporada do Dépor ABANC...

Vitoria con remontada incluída ante o Rio Ave FC dun Dépor AB...

Mauro Valeiro concéntrase este luns 24 de agosto coa selecció...

Antonio Hidalgo avanza o plan de partido do Dépor ante o Mála...

Á venda as entradas de público para o Dépor - Valencia CF do ...