
DÉPOR · 4 MAIO 2026
O DÉPOR INICIOU ESTE LUNS 4 DE MAIO UNHA SEMANA CURTA DE TRABALLO QUE REMATA ESTE VENRES 8 EN CÁDIZ
Os Nosos comezaron este luns 4 de maio unha semana curta de traballo que remata este venres 8 de maio ás 20:30 (LaLiga TV e Fútbol 2, dispoñible en DIGI TV e outras plataformas) no Estadio Nuevo Mirandilla ante o Cádiz CF.O triunfo ante o CD Leganés, cuxos mellores momentos podes ver ao pé destas liñas, ademais dos resultados do resto da xornada, deixaron a Os Nosos na 2ª posición con 68 puntos, á espera do partido da UD Almería (3º con 67 puntos) este mesmo luns ante o CD Mirandés.
Antonio Hidalgo dispuxo para comezar unha activación cunha roda de pases, un xogo de posición, un exercicio táctico e fútbol en espazo reducido para concluír.Con 4 xornadas por diante, o obxectivo alcanzarao quen máis crea, quen máis resista, quen máis queira. Quen sexa capaz de competir coa alma cando as forzas fraquean e co corazón cando a presión aperta.Mella e Stoichkov estiveron con adestramento personalizado.Pola súa banda, Bil e Noé foron os representantes de ANOSACANTEIRA.Ademais da sesión deste luns, están previstos outros 3 adestramentos máis esta semana con esta planificación:Luns 4 de maio10:30 h.Martes 5 de maio10:30 h.Mércores 6 de maio10:30 h.Xoves 7 de maio10:00 h.Venres 8 de maio20:30: Cádiz CF - Deportivo, no Estadio Nuevo MirandillaA sesión deste xoves 7, última antes do encontro ante os cadistas, adianta o seu horario habitual ás 10:00 posto que a primeira hora da tarde os convocados por Antonio Hidalgo viaxarán a Cádiz.

Cada adestramento, cada esforzo e cada partido afróntanse coa convicción de que non abonda con xogar ben: hai que deixarse a alma.O obxectivo é gañar, si, pero tamén representar todo o que significa este Club para milleiros de persoas dentro e fóra de Galicia.Encher o corazón dos deportivistas de orgullo, entrega e ambición.

Manu Ferreiro, deportivista até 2029

Á venda as entradas para o Dépor - FC Andorra do domingo 17 d...

Fran Alonso: "Aquí ninguén déixase ir, aquí as vacacións son ...

Resultados en ANOSACANTEIRA feminina, con claro triunfo este ...

Resultados en ANOSACANTEIRA, con título este domingo 3 de mai...

O Fabril pecha pola porta grande a temporada cunha goleada po...




