
DÉPOR ABANCA B · 4 MAIO 2026
ANTÍA VEIGA ARRINCA ESTE MARTES 5 DE MAIO ANTE FINLANDIA O CAMPIONATO DE EUROPA SUB-17
Foto: @rfef.es
Antía Veiga (na foto en primeira fila a terceira futbolista empezando pola esquerda) está concentrada coa selección española sub-17 en Belfast (Irlanda del Norte) para disputar o Campionato de Europa da categoría.Finlandia, Francia e Polonia serán as rivais de España no grupo B da primeira fase.O primeiro encontro será este martes 5 de maio ás 18:00 fronte a Finlandia.O escenario do partido será Inver Park.O calendario de partidos de Antía Veiga é o seguinte:Martes 5 de maio18:00: ESPAÑA - FINLANDIA, en Inver ParkVenres 8 de maio15:00: FRANCIA - ESPAÑA, en The ShowgroundsLuns 11 de maio15:00: POLONIA - ESPAÑA, en Inver ParkAntía Veiga participou con este combinado nacional na Ronda 1 e Ronda 2 de clasificación para o Campionato de Europa.En outubro, a gardameta do Dépor ABANCA B formou parte da selección española no Mundial de Marrocos, no que España caeu nos oitavos de final derrotada por Francia na quenda de penaltis.Antía Veiga xogou esta tempada 16 partidos como titular co filial, co que logrou a permanencia matemática en Segunda Federación.

O Benxamín A clasificouse para a final do Mini Teresa Herrera...

O Dépor xogará o 25 de xullo ás 19:30 ante o Real Oviedo no E...

400 nenos e nenas arrancaron os DéporCampus 2026 no Dépor Tra...

O RC Deportivo lanza o LembraDÉ 2025-26, unha experiencia per...

Resultados da fin de semana, con título para o San Tirso SD C...

O Dépor Genuine conclúe unha nova Liga Genuine Moeve marcada ...