RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
O Dépor volve ao traballo no Dépor Training Center consciente que "queda moito, o máis bonito"

DÉPOR · 2 MARZO 2026

O DÉPOR VOLVE AO TRABALLO NO DÉPOR TRAINING CENTER CONSCIENTE QUE "QUEDA MOITO, O MÁIS BONITO"

Apenas 10 horas despois de chegar de viaxe en autocar de San Sebastián, o Dépor xa está de novo no Dépor Training Center.Mario Soriano, un dos futbolistas con máis peso do cadro, advirte que "queda moito, o máis bonito. Hai que seguir e a preparar o partido contra o Granada CF", deste domingo 8 de marzo ás 21:00 horas (LaLiga TV Hypermotion e Fútbol 2, dispoñible en DIGI TV e outras plataformas) en ABANCA-RIAZOR.Precisamente os titulares no Estadio Zubieta tiveron unha xornada de recuperación, con carreiras, ximnasio e fisioterapia.

Para os demais membros do cadro houbo ademais unha activación, un xogo de posición e fútbol reducido, de alta intensidade.O futbolista madrileño foi autocrítico a pesar do triunfo no Estadio Zubieta: "Unha vez que chegamos a campo rival fáltanos moita tranquilidade porque canto máis rápido atacas, máis rápido vas perder a pelota. Hai que ler eses momentos do partido. Cando chegas ao bloque final ter máis calma, virar de lado a lado".Yeremay está con traballo personalizado mentres que Domínguez e Bil foron os representantes de ANOSACANTEIRA.Este martes 3 de marzo hai xornada de descanso. O Dépor volve ao Dépor Training Center o mércores 4 de marzo ás 10:30.