
DÉPOR · 13 NOVEMBRO 2025
O DÉPOR VOLVE XOGAR ÁS 14:00 DUN DOMINGO EN ABANCA-RIAZOR, ESTA VEZ O 14 DE DECEMBRO ANTE A REAL SOCIEDAD B
A Liga de Fútbol Profesional confirmou o horario da 18ª xornada de LaLiga Hypermotion, na que o Dépor mídese á Real Sociedad B.O encontro está fixado o domingo 14 de decembro ás 14:00 no Estadio ABANCA-RIAZOR, retransmitido en directo por LaLiga TV Hypermotion.Será o segundo choque nesa franxa horaria case consecutivo, posto que o domingo 23 de novembro a esa mesma hora Os Nosos enfróntanse en ANOSACASA ao AD Ceuta CF.Así pois, os horarios dos partidos de LaLiga Hypermotion xa confirmados do Dépor son:14ª xornadaDomingo 16 de novembro, 18:30, Bahrein Victorious Nuevo Arcángel: Córdoda CF - Deportivo15ª xornadaDomingo 23 de novembro, 14:00, ABANCA-RIAZOR: Deportivo - AD Ceuta CF16ª xornadaSábado 29 de novembro, 18:30, Estadio Carlos Belmonte: Albacete Balompié - Deportivo17ª xornadaDomingo 7 de decembro, 18:30, ABANCA-RIAZOR: Deportivo - CD Castellón18ª xornadaDomingo 14 de decembro, 14:00, ABANCA-RIAZOR: Deportivo - Real Sociedad B

Resultados dos amigables deste mércores 19 de agosto en ANOSA...

O DéporCampus segue medrando: Macedonia tamén se tingue de br...

Realizado o sorteo de asignación de entradas visitantes para ...

O proxecto 'One Team, No Limits' comparte unha xornada de inc...

O Dépor comeza este xoves 20 de agosto a preparar a visita ao...

Prezo unificado para as afeccións visitantes nos partidos de ...