
DÉPOR · 21 ABRIL 2026
O DÉPOR XA MIRA AO BURGOS CF CONSCIENTE QUE "ESTAMOS ONDE QUEREMOS ESTAR" PERO QUE "TEMOS QUE FACER NÓS OS DEBERES"
Apenas 12 horas despois do partido en ABANCA-RIAZOR, o Dépor xa estaba de novo no Dépor Training Center coa vista posta no partido ante o Burgos CF deste sábado 25 de abril ás 18:30 (LaLiga TV Hypermotion) en El Plantío.Mario Soriano lembrou onte na zona mixta que a sensación do vestiario é "moi boa. Queda pouco, 6 partidos. Cada partido é unha xornada menos. Vai quedando no tramo final, somos conscientes diso".O centrocampista madrileño recalca que "estamos onde queremos estar. Merecémonolo. Hai que seguir, hai que seguir insistindo, sumando".Afirma que "non vale de nada mirar aos outros equipos. Temos que facer nós os deberes e sumar".

Os titulares onte en ABANCA-RIAZOR realizaron esta mañá unicamente a activación co resto do grupo e pasaron a continuación a tarefas de recuperación física e no ximnasio do Dépor Training Center.Para os demais futbolistas houbo un roldo, un xogo de posición e fútbol en espazo reducido.Mella foi o único futbolista con adestramento personalizado.Este mércores 22 de abril Os Nosos adestraranse de novo no Dépor Training Center a partir das 10:30 horas.


A Coruña abrazou a Os Nosos nunha madrugada inesquecible na f...

Medalla de prata para o Fabril FC Alevín no Torneo Internacio...

Doblete de Bil no Estadio José Zorrilla para darlle os 3 punt...

Vitoria do Orzán SD Xuvenil no único partido de ANOSACANTEIRA...

O xuvenil Nico Balbas concentrarase en Alacant coa selección ...

Resultados deste sábado 23 de maio en ANOSACANTEIRA, con subc...