RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
O partido de Copa del Rey en Sabadell, fixado o xoves 4 de decembro ás 21:00 horas

DÉPOR · 12 NOVEMBRO 2025

O PARTIDO DE COPA DEL REY EN SABADELL, FIXADO O XOVES 4 DE DECEMBRO ÁS 21:00 HORAS

O encontro correspondente á segunda rolda da Copa del Rey entre o Deportivo e a CE Sabadell FC foi fixado o xoves 4 de decembro ás 21:00 horas na Nova Creu Alta.Desta forma, Os Nosos encaran unha semana con visita en liga ao Carlos Belmonte de Albacete o sábado 29 de novembro ás 18:30 e partido en ABANCA-RIAZOR ante o CD Castellón o domingo 7 de decembro ás 18:30 horas.Un rival da zona alta de Primera FederaciónO conxunto catalán milita no grupo 1º da Primera Federación. Actualmente marcha na 5ª posición con 17 puntos.Dépor e CE Sabadell FC víronse as caras na Nova Creu Alta o 22 de outubro de 2023 en partido da 9ª xornada de Primera Federación. Naquela ocasión venceron os branquiazuis por 0-1 con gol de Martín Ochoa aos 7 minutos.O encontro será especial para Antonio Hidalgo, que dirixiu á CE Sabadell FC desde o 3 de abril de 2019 ao 21 de novembro de 2021, cun total de 96 encontros no banco, incluído un ascenso a Segunda División.Na primeira rolda desta edición da Copa del Rey, o Dépor apeou á UD Sámano ao vencer en Castro Urdiales por 1-4 e a CE Sabadell FC á UD Poblense após gañar por 1-2 en La Puebla (Mallorca).