
DÉPOR · 10 ABRIL 2025
O PARTIDO DO DÉPOR ABANCA ANTE O FC LEVANTE BADALONA, DECLARADO "DÍA DÉ..." A NOSA CANTEIRA FEMININA
O partido do Dépor ABANCA en ABANCA-RIAZOR deste sábado 12 de abril ás 16:30 ante FC Levante Badalona (Dazn) foi declarado polo RC Deportivo como "O Día DÉ..." A Nosa Canteira Feminina.Por medio desta proposta, destinaranse prazas do Palco de Honra do Estadio aos traballadores e traballadoras que diariamente coidan das nenas que teñen o soño de defender algún día a camiseta do Dépor ABANCA.En cada encontro en ABANCA-RIAZOR esta temporada, máis da metade das localidades do Palco de Honra serán destinadas a un colectivo da cidadanía ou a un sector de #ANOSAFORZA, para facer a entidade máis próxima, dar protagonismo á masa social deportivista e agradecer o seu excepcional apoio unha temporada máis.

Antonio Hidalgo avisa do "sufrimento que imos ter de aquí ao ...

O Dépor afina a puntería de cara ao choque deste domingo 17 d...

Abertas as inscricións nas 19 sedes do Dépor Campus Cabreiroá...

Calendario de ANOSACANTEIRA feminina, con torneo para o Dépor...

O Dépor ABANCA concluirá a temporada 2025-26 o domingo 31 de ...

A lotería dos penaltis tumba a Antía Veiga e a España na semi...