
DÉPOR · 13 NOVEMBRO 2025
O PARTIDO DO DÉPOR ABANCA ANTE O LEVANTE UD, DECLARADO "DÍA DÉ..." CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
O partido do Dépor en ABANCA-RIAZOR deste venres 14 de novembro ás 19:30 ante o Levante UD (Dazn) foi declarado polo RC Deportivo como "O Día DÉ..." Contra a Violencia de Xénero.Por medio desta proposta, o RC Deportivo súmase aos actos de concienciación contra esta secuela social.Nesta liña, Paula Novo e Diego Villares leron un comunicado na sala de prensa do Dépor Training Center e a capitá das Nosas lucirá durante o encontro ante as levantinistas un brazalete de cor morada, símbolo da loita contra a violencia de xénero.En cada encontro en ABANCA-RIAZOR esta temporada tanto do Dépor como do Dépor ABANCA, máis da metade das localidades do Palco de Honra están destinadas a un colectivo da cidadanía ou a un sector de #ANOSAFORZA, para facer a entidade máis próxima, dar protagonismo á masa social deportivista e agradecer o seu excepcional apoio unha temporada máis.

Primeiro amigable de pretemporada para o Dépor ABANCA, esta s...

Nova semana de pretemporada para Os Nosos con dous partidos, ...

Teun Gijselhart afirma que "Aubameyang é un exemplo para todo...

Vilalba, próxima parada do Dépor este verán

Sen goles no Carlos Tartiere de Oviedo no segundo amigable do...

O Dépor ABANCA B xa está en marcha