
DÉPOR · 5 FEBREIRO 2025
O PARTIDO DO DÉPOR ANTE A UD ALMERÍA, DECLARADO "DÍA DÉ..." O NOSO MAR
O partido do Dépor en ABANCA-RIAZOR deste domingo 9 de febreiro ás 18:30 ante a UD Almería foi declarado polo RC Deportivo como "O Día DÉ..." O Noso Mar.Por medio desta proposta, destinaranse prazas do Palco de Honra do Estadio a representantes de organismos públicos vinculados ao sector (Xunta de Galicia, Lonxa da Coruña...), confrarías de pescadores de toda a provincia, e representantes da industria pesqueira e marítima da Coruña.En cada encontro en ABANCA-RIAZOR esta temporada tanto do Dépor como do Dépor ABANCA, máis da metade das localidades do Palco de Honra serán destinadas a un colectivo da cidadanía ou a un sector de #ANOSAFORZA, para facer a entidade máis próxima, dar protagonismo á masa social deportivista e agradecer o seu excepcional apoio unha temporada máis.

Resultados deste venres 1 de maio nos torneos amigables; e ca...

Os Nosos regresan o luns 4 de maio ao Dépor Training Center

O Dépor vence ao CD Leganés cun gran gol de Noé na recta fina...

Triunfo do Orzán SD Xuvenil para deixar case amarrada a perma...

O Orzán SD Xuvenil abre este venres 1 de maio no Dépor Traini...

Resultados deste xoves, con triunfos do Alevín de fútbol 11 e...