
DÉPOR · 20 NOVEMBRO 2025
O PARTIDO DO DÉPOR ANTE O AD CEUTA FC, DECLARADO "DÍA DÉ..." CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
O partido do Dépor en ABANCA-RIAZOR deste domingo 23 de novembro ás 14:00 ante o AD Ceuta FC (LaLiga TV Hypermotion) foi declarado polo RC Deportivo como "O Día DÉ..." Contra a Violencia de Xénero.Por medio desta proposta, o RC Deportivo continúa cos actos de concienciación contra esta secuela social.Así, o capitán do Dépor lucirá durante o encontro un brazalete de cor morada, símbolo da loita contra a violencia de xénero.Con motivo do partido do Dépor ABANCA en ABANCA-RIAZOR a pasada semana, Paula Novo e Diego Villares leron un comunicado na sala de prensa do Dépor Training Center e a capitá das Nosas portou o mesmo brazalete morado.En cada encontro en ABANCA-RIAZOR esta temporada tanto do Dépor como do Dépor ABANCA, máis da metade das localidades do Palco de Honra están destinadas a un colectivo da cidadanía ou a un sector de #ANOSAFORZA, para facer a entidade máis próxima, dar protagonismo á masa social deportivista e agradecer o seu excepcional apoio unha temporada máis.

A Quagliata pónselle a pel de galiña en cada recibimento en A...

O Dépor mídese en ABANCA-RIAZOR ao RCD Espanyol o mércores 27...

O Dépor, "adestrando ben despois dunha vitoria importante", e...

Noé Carrillo renova polo RC Deportivo ata 2029.

Tres adestramentos para o Dépor ABANCA antes da visita ao Ath...

Novo obradoiro de formación do proxecto 'One Team no Limits'