
DÉPOR · 5 SETEMBRO 2025
O PARTIDO DO DÉPOR ANTE O SPORTING DE GIJÓN, DECLARADO "DÍA DÉ..." LOITA CONTRA OS INCENDIOS
O partido do Dépor en ABANCA-RIAZOR deste sábado 6 de setembro ás 16:15 ante o Sporting de Gijón (LaLiga TV Hypermotion, dispoñible en DIGI TV e outras plataformas) foi declarado polo RC Deportivo como "O Día DÉ..." Loita contra os Incendios.Por medio desta proposta, destinaranse prazas do Palco de Honra do Estadio a representantes dos diferentes colectivos que loitaron día e noite por evitar ou minimizar esa catástrofe humana, económica e ambiental.O pasado 24 de agosto o Dépor xogou o seu partido ante o Burgos CF co equipamento da bandeira galega e os futbolistas portaron brazaletes negros en solidariedade tamén coas vítimas dos incendios.En cada encontro en ABANCA-RIAZOR esta temporada tanto do Dépor como do Dépor ABANCA, máis da metade das localidades do Palco de Honra serán destinadas a un colectivo da cidadanía ou a un sector de #ANOSAFORZA, para facer a entidade máis próxima, dar protagonismo á masa social deportivista e agradecer o seu excepcional apoio unha temporada máis.

Antía Veiga, convertida nun pilar da selección española sub-1...

Paula Gutiérrez: "Podemos escalar posicións e o equipo está c...

Nsongo Bil insiste tras recoller o Premio Estrella en "tentar...

O Dépor acelera a preparación do partido ante o FC Andorra ap...

O RC Deportivo activa a prerreserva de entradas para a visita...

Nsongo Bil e Paula Gutiérrez recibiron o Premio Estrella Gali...