
DÉPOR · 8 SETEMBRO 2025
O RC DEPORTIVO BUSINESS CLUB E O RSG BUSINESS CLUB ÚNENSE NUN ENCONTRO DURANTE A XORNADA 4 DÉPOR-SPORTING DE GIJÓN NO ESTADIO ABANCA-RIAZOR
O pasado sábado 6 de setembro no Estadio ABANCA-RIAZOR desenvolveuse o evento de unión entre os clubs de empresa do RC Deportivo e Sporting de Gijón.Así, participaron preto de 40 empresas de ambos os clubs e máis de 60 empresarios. Todos eles gozaron dun breve percorrido polo estadio, ademais dunha dinámica de presentacións entre empresas de ambas as entidades.Posteriormente desprazáronse a comer ao restaurante 'Tira do Playa' e culminaron o evento vendo o partido entre ambos os equipos en ABANCA-RIAZOR. Os asistentes contaron cun espazo exclusivo desde o cal puideron seguir o encontro e establecer conexións profesionais nun ambiente deseñado para fomentar o networking.Este evento foi a continuación ao celebrado o pasado maio entre ambas as entidades antes do partido no Molinón.En definitiva, este tipo de reunións fomentan a creación de sinerxías entre comunidades con intereses e obxectivos similares.


Marisa García e Ainoa Gómez participaron na vitoria fronte á ...

Resultados de ANOSACANTEIRA feminina; este domingo con derrot...

Resultados en ANOSACANTEIRA, este domingo 13 con vitorias do ...

O Fabril dobrega en ABANCA-RIAZOR á SD Ponferradina, «un dos ...

O Dépor mantense invicto na liga tras empatar en Getafe nun p...

O Dépor ABANCA B cae por 2-0 ante a SD Eibar B no segundo par...