
DÉPOR · 28 MAIO 2025
O RC DEPORTIVO ENTREGOU AS INSIGNIAS DE OURO AOS 17 ABONADOS QUE CUMPREN 50 ANOS DE FIDELIDADE AO CLUB
O RC Deportivo celebrou un emotivo acto de homenaxe aos 17 socios e socias que cumpren 50 anos como abonados da entidade. Nun ambiente cargado de emoción e orgullo branquiazul, o presidente do Club, Juan Carlos Escotet Rodríguez, fixo entrega das insignias de ouro a quen demostraron, durante medio século, un amor inquebrantable ao Dépor.A cerimonia, que tivo lugar no Estadio ABANCA-RIAZOR, recoñeceu publicamente aos deportivistas que acompañaron ao equipo durante os últimos 50 anos, tanto nos momentos de gloria como nos máis difíciles; e que este ano son os seguintes:EDUARDO RAMÓN PARDOANA MARÍA GAGO CORTÓNJUAN RAMÓN QUINTÁS VÁZQUEZJOSÉ LUÍS VÁZQUEZ TRAVIESOJOSÉ LUÍS CASTELO COUSOMANUEL MARIÑAS SOUTOANDRÉS MARQUÉS VELOSAMUEL RIGUEIRA REYJOSÉ LUÍS GÓMEZ GARCÍAANTONIO BLANCO LÓPEZJOSÉ LUÍS SÁNCHEZ VÁZQUEZCARLOS SOUTO BARRALFERNANDO LÓPEZ OTEROJORGE MORENO CRUZJOSÉ ANDRADE CERNADASCELSO OTERO SOUZALUÍS REY MOUREEscusaron a súa asistencia esta tarde JOSÉ ARES VÁZQUEZ e MANUEL OLIVEIRA CALVO.

O presidente Juan Carlos Escotet Rodríguez destacou no seu discurso a importancia da fidelidade e o compromiso destes socios, verdadeiros exemplos do sentimento branquiazul."Hoxe, ao imporvos a insignia de ouro do Club queremos rendervos homenaxe e expresarvos noso máis sincero agradecemento. Sodes a alma do Club, o exemplo vivo do que significa ser deportivista", sinalou o presidente ante os homenaxeados.O RC Deportivo reafirma así o seu compromiso de coidar e recoñecer a quen fixeron do Dépor unha parte esencial das súas vidas.

A RC DEPORTIVO FUNDACIÓN ACTIVA A GRADA SOLIDARIA DE ABANCA-R...

O Dépor comeza este mércores 20 de maio a preparar o partido ...

O RC Deportivo homenaxea 25 anos de sentimento blanquiazul

ABANCA-RIAZOR ovacionou a Cris Martínez, que se sente "moi af...

O Dépor ABANCA inicia este martes 19 no Dépor Training Center...

Terceira xornada para o Dépor Genuine en A Nosa Champions, to...