RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
O Trofeo Teresa Herrera en ABANCA-RIAZOR, próxima cita para o Dépor ABANCA este sábado ás 17:00

DÉPOR ABANCA · 6 AGOSTO 2025

O TROFEO TERESA HERRERA EN ABANCA-RIAZOR, PRÓXIMA CITA PARA O DÉPOR ABANCA ESTE SÁBADO ÁS 17:00

Concluído o choque ante o Sporting CP, As Nosas teñen este xoves 7 de agosto xornada de descanso.Fran Alonso citou de novo aos seus futbolistas o venres 8 para un novo adestramento que arrincará ás 10:30 no campo 6 de Abegondo.A próxima cita para o Dépor ABANCA será este sábado 9 de agosto ás 17:00 en ABANCA-RIAZOR ante o SC Braga, coa XIII edición do Trofeo Teresa Herrera feminino en xogo.O encontro será retransmitido en directo pola .Os partidos confirmados até a data do Dépor ABANCA nesta pretemporada, cos resultados dos xa xogados, son os seguintes:Mércores 23 de xullo, Cidade Deportiva do SC Braga: SC Braga 0 - Deportivo ABANCA 4 (Ainhoa Marín, Millene -2- e Marina Artero)Sábado 2 de agosto, campo de San José en Llanes (Asturias): Athletic Club 3 - Deportivo ABANCA 2 (Marisa e Bárbara)Mércores 6 de agosto, Estadio Cidade de Lordelo (Lordelo, Portugal): Sporting CP 1 - Deportivo ABANCA 1 (Redru)Sábado 9 de agosto, Estadio ABANCA-RIAZOR, 17:00 (XIII Trofeo Teresa Herrera): Deportivo ABANCA - SC BragaSábado 16 de agosto, Estadio Municipal Los Cuartos de La Orotava, 20:00 (21:00 hora galega) (Copa Teide): Costa Adeje Tenerife - Deportivo ABANCASábado 23 de agosto, Estadio Municipal Pepe Barrera de Ribadeo, 12:00 (V Trofeo Emma Cuervo): Deportivo ABANCA - CA Osasuna