
DÉPOR · 11 MARZO 2026
OS NOSOS ADESTRÁRONSE ESTE MÉRCORES NO DÉPOR TRAINING CENTER PARA "MELLORAR ESES ASPECTOS QUE NOS ÚLTIMOS PARTIDOS ESTÁN A CUSTARNOS MÁIS"
O Dépor ensaiou este mércores no campo 2 do Dépor Training Center o plan para, segundo afirmou Mario Soriano, "facer o partido que queremos en Ceuta", este sábado 14 de marzo ás 21:00 horas (LaLiga TV Hypermotion).Antonio Hidalgo dispuxo, após unha activación, un xogo de posición, un exercicio táctico e un partido."Estamos a tratar de traballar e de mellorar eses aspectos que nos últimos partidos está a custarnos máis", explicou o centrocampista branquiazul após recoller o Premio Estrella ao mellor xogador do mes de febreiro.Yeremay fai tarefas co grupo e outras co readaptador Nando Rodríguez; mentres que Mella, confirmado o edema óseo no seu xeonllo esquerdo, está con adestramento personalizado.Dos dous canteiráns Mario Soriano manifestou que "están a traballar para volver canto antes co equipo; pero os cadros somos 25 xogadores e todos están preparados".Hugo Ríos, Bil, Noé e Mane foron os representantes de #ANOSACANTEIRA.Este xoves, o Dépor adestrarase de novo a partir das 10:30 no Dépor Training Center.


Celebrado o primeiro Foro Social do RC Deportivo; un espazo d...

A deportivista Marisa, citada para uns adestramentos coa sele...

O RC Deportivo e a Fundación RC Deportivo impulsan o seu proc...

Primeira sesión da semana do Dépor coa enerxía posta unicamen...

Os abonados e abonadas xa poden retirar a súa invitación obri...

O FC Barcelona, a SD Eibar e o SL Benfica serán os rivais do ...