RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Os Nosos regresan este martes 12 de maio ao Dépor Training Center "con moita ilusión, co foco posto no partido de cada semana"

DÉPOR · 11 MAIO 2026

OS NOSOS REGRESAN ESTE MARTES 12 DE MAIO AO DÉPOR TRAINING CENTER "CON MOITA ILUSIÓN, CO FOCO POSTO NO PARTIDO DE CADA SEMANA"

O Dépor regresa aos adestramentos este martes 12 de maio para comezar a preparar o partido ante o FC Andorra previsto para o domingo 17 de maio ás 14:00 (LaLiga TV Hypermotion) en ABANCA-RIAZOR, correspondente á 40ª xornada en LaLiga Hypermotion.Os resultados da xornada, coa vitoria en Cádiz cuxos mellores momentos podes ver ao pé destas liñas, deixaron a Os Nosos na 2ª posición de LaLiga Hypermotion con 71 puntos, os mesmos que a UD Almería (3º) e só superados polo Real Racing Club, líder con 75 puntos.

Miguel Loureiro asegurou no JP Financial Estadio que "estamos moi unidos, gozando moitísimo" e insiste en "pensar en nós, no noso traballo, que é o que nos vai dar conseguir o obxectivo ou non".O defensa coruñés afirma que "imos partido a partido, con moita ilusión, co foco posto no partido de cada semana".

20260511_plansemanaldepor.jpeg

Antonio Hidalgo disporá de 5 sesións de traballo matinais nos campos 2 e 3 do Dépor Training Center, con esta planificación:Martes 12 de maio10:30 h.Mércores 13 de maio10:30 h.Xoves 14 de maio10:30 h.Venres 15 de maio10:30 h.Sábado 16 de maio10:30 h.Domingo 17 de maio14:00: Deportivo - FC Andorra, en ABANCA-RIAZOR

  • 20260511_deporcarranza1.jpg
  • 20260511_deporcarranza2.jpg
  • 20260511_altimira.jpg
  • 20260511_cadizdepor.jpg
  • 20260511_bil.jpg