RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
O Dépor Genuine disputou en Vilagarcía a segunda xornada de 'A Nosa Champions'

DÉPOR GENUINE · 10 MAIO 2026

O DÉPOR GENUINE DISPUTOU EN VILAGARCÍA A SEGUNDA XORNADA DE 'A NOSA CHAMPIONS'

O campo municipal de Berdón en Vilagarcía foi o escenario da segunda xornada de A Nosa Champions para o Dépor Genuine.Esta competición está organizada pola Federación Galega de Fútbol e está dirixida a equipos integrados por persoas con discapacidade intelectual.O obxectivo principal é promover a inclusión, a igualdade e rachar prexuízos a través do deporte.A Nosa Champions non é só unha competición deportiva, senón que é un proxecto social que busca dar visibilidade, fomentar hábitos saudables e demostrar que o fútbol é para todas as persoas.O Eirís SD, o Torre SD e o SR Calo foron os rivais de Os Nosos, que presentou esta convocatoria: Chema, Víctor, Cives, Álex Pereira, Senén, Saúl, Ventura, Roi, Granell, Esporas, Vidal, Miguel, Camilo e Picatostes.Os resultados do Dépor Genuine nesta segunda xornada de A Nosa Champions foron os seguintes:DÉPOR GENUINE 1 (Cives) - TORRE SD 3DÉPOR GENUINE 3 (Miguel -3-) - SR CALO 3DÉPOR GENUINE 0 - EIRÍS SD 2Foto inferior:@futgal.es

20260510_deporgenuine.jpg