
FUNDACIÓN · 11 MAIO 2026
ABERTA A OPCIÓN PARA QUE ABONADOS E ABONADAS DEPORTIVISTAS DE ENTRE 10 E 14 ANOS POIDAN ONDEAR A BANDEIRA NOS MINUTOS PREVIOS AO DÉPOR - FC ANDORRA
O RC Deportivo e a RC Deportivo Fundación abren a posibilidade de que abonados e abonadas deportivistas poidan ondear as bandeiras nos minutos previos ao partido ante o FC Andorra deste domingo 17 de maio ás 14:00 en ABANCA-RIAZOR.A iniciativa está dirixida a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 10 e os 14 anos (ambos inclusive), que teñan esa idade cumprida no momento de enviar a solicitude, sexan abonados na temporada 2025-26 e estean interesados en formar parte deste acto especial para calquera deportivista.As persoas interesadas deberán cubrir o seguinte formulario antes do mércores 13 de maio ás 18:00 horas.A cumprimentación deste formulario non garante a participación, senón que constitúe unicamente unha solicitude de interese.Para poder participar, será imprescindible completar e asinar correctamente tanto a autorización de participación como a cesión de dereitos de imaxe, debendo estar asinadas por ambos proxenitores ou titores legais, así como entregar ambos documentos en formato papel antes do inicio da actividade.A indumentaria requirida para o acto será completamente negra, tanto na parte superior como na inferior.As persoas seleccionadas serán contactadas vía e-mail, a través do correo electrónico da Fundación.Non poderán participar persoas que presenten patoloxías, condicións médicas ou calquera outra circunstancia que resulte incompatible co normal desenvolvemento da actividade, debendo os proxenitores ou titores informar de calquera circunstancia relevante.Unha vez rematado o acto, a persoa de contacto do menor debe recollelo no punto de Cruz Vermella situado na Rúa Manuel Murguía.No caso de que o participante non acuda ao acto co seu abono (físico ou dixital), non se poderá garantir o seu acceso ao encontro.Moitas grazas polo interese en formar parte desta experiencia, unha oportunidade única para vivir o fútbol desde unha perspectiva privilexiada, formando parte activa do ambiente previo ao encontro e sentindo de preto a emoción de pisar ABANCA-RIAZOR preto de #OSNOSOS.

Os Nosos regresan este martes 12 de maio ao Dépor Training Ce...

O Dépor Genuine disputou en Vilagarcía a segunda xornada de '...

Vitoria do Orzán SD Infantil A en Caldas no único partido des...

Resultados dun fin de semana en ANOSACANTEIRA que conclúe est...

Antía Veiga xógase este luns 11 de maio ante Polonia o pase á...

Fran Alonso: "É un orgullo que as xogadoras representen así o...