
CANTERA · 10 MAIO 2026
RESULTADOS DUN FIN DE SEMANA EN ANOSACANTEIRA QUE CONCLÚE ESTE LUNS 11 DE MAIO CO PARTIDO DO ALEVÍN NO TROFEO CONSERVAS CALVO DE FÚTBOL 11
Este domingo 10 de maio celebráronse 3 encontros con representación deportivista, todos eles lonxe do Dépor Training Center.O Xuvenil B (na foto principal da noticia), xa subcampión da Liga Nacional, venceu ao ED Val Miñor Nigrán B (0-1); o San Tirso SD Cadete (na foto entre o texto) rabuñou un punto ante o Victoria CF (1-1) para ratificar a súa 3ª praza na División de Honra; e o Infantil (na foto inferior), campión desde hai varias xornadas, superou á Escola de Fútbol DSF (1-8).A semana pecharase o luns 11 de maio ás 18:45 en O Monte co choque do Alevín ante o San Tirso SD correspondente ao Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11.Coa liga rematada para o Fabril e o Xuvenil A, a atención de ANOSACANTEIRA estivo no campo ferrolán de Aneiros.Este sábado 9 de maio o Cadete empatou co Racing de Ferrol (1-1) e terá que agardar á última xornada para tentar ser campión da División de Honra.Un total de 78 puntos suman os deportivistas por 76 os célticos.O empate valeríalle ao Dépor ante a UD Santa Mariña no Dépor Training Center porque, en caso de igualdade a puntos cos celetes na clasificación, quedarían por diante os blanquiazules por mellor golaverage particular: 2-2 en A Madroa e 1-0 no campo Arsenio Iglesias.Tamén o sábado 9 xogouse en O Monte o San Tirso SD Infantil 3 - Atlético Coruña Montañeros CF 2.Os 'verdes' marchan na zona media-alta da División de Honra.Finalmente, o Alevín A e o Benxamín A clasificáronse para a Fase Final do Campionato Galego de fútbol 8 na Fase Intermedia disputada en A Porta Santa (Paiosaco, Laracha).O Fabril FC Alevín caeu en semifinais ante a SD Compostela.O vindeiro sábado 16 de maio, na Fase Final que se celebra en A Illa de Arousa, o rival do Alevín A en semifinais é o Pabellón Promesas e o do Benxamín A, o RC Celta.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa disputados, é o seguinte:Categoría xuvenilLiga Nacional, 33ª xornada: ED VAL MIÑOR NIGRÁN B 0 - JUVENIL B 1 (Borja)Categoría cadeteDivisión de Honra, 29ª xornada: RACING DE FERROL 1 - CADETE 1 (Naveira)División de Honra, 29ª xornada: VICTORIA CF 1 - SAN TIRSO SD CADETE 1 (Íker Obeso)Categoría infantilDivisión de Honra, 29ª xornada: ESCOLA DE FÚTBOL DSF 1 - INFANTIL 8 (Jorge, Aritz, Yoel Darriba -3-, David Gómez e Santi Durán -2-)División de Honra, 29ª xornada: SAN TIRSO SD INFANTIL 3 (Mateo Cortizas, Yago Fernández e Eliam) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF 2Categoría alevínTrofeo Conservas Calvo de fútbol 11, 12ª xornada: ALEVÍN - SAN TIRSO SD, o luns 11 de maio ás 18:45 en O MonteFase Intermedia do Campionato Galego, en A Porta Santa (Paiosaco, Laracha)Sábado 9 de maioPrimera FaseALEVÍN A 6 (Mateo Songo'o, Adrián Míguez, Adrián Liñares, Mateo Cardelle, Saúl Cancela e Álex Casado) - RACING DE FERROL 0ADC A PIRINGALLA 0 - ALEVÍN A 5 (Enzo Fernández -2-, Mateo Songo'o, Álex Casado e Diego Castelo)ALEVÍN A 3 (Mateo Songo'o, Adrián Liñares e Enzo Fernández) - SD COMPOSTELA 0VICTORIA CF 1 - ALEVÍN A 2 (Alberto Novo e Enzo Fernández)SemifinaisALEVÍN A 3 (Adrián Prieto, Mateo Songo'o e Leo Lorenzo) - BERTAMIRÁNS FC 1Fase Intermedia do Campionato Galego, en A Porta Santa (Paiosaco, Laracha)Sábado 9 de maioPrimera FaseFABRIL FC ALEVÍN 2 (Pablo Gómez -2-) - ED XUVENTUDE DE OROSO 1XALLAS FC 0 - FABRIL FC ALEVÍN 3 (Pablo Gómez, Manu Parada e Leo Galbán)FABRIL FC ALEVÍN 0 - CD LUGO 0FABRIL FC ALEVÍN 4 (César Leira -2-, Nico Castro e Joel Losada) - BERTAMIRÁNS FC 1SemifinaisFABRIL FC ALEVÍN 0 - SD COMPOSTELA 2Categoría benxamínFase Intermedia do Campionato Galego, en A Porta Santa (Paiosaco, Laracha)Sábado 9 de maioPrimera FaseADC A PIRINGALLA 0 - BENXAMÍN A 4 (Ian Lata, Manu López, Xosé Varela e Saúl Gómez)BENXAMÍN A 3 (Pablo Campanero, Hugo Cancela e Tomás Sánchez) - ED LUIS CALVO 0ED XUVENTUDE DE OROSO 0 - BENXAMÍN A 8 (Tomás Sánchez -3-, Pablo Campanero -3-, Xosé Varela e Hugo Cancela)EF CONCELLO DE BOIRO 0 - BENXAMÍN A 9 (Tomás Sánchez -4-, Pablo Campanero -2-, Mateo Ramos e Hugo Rey)SemifinaisBENXAMÍN A 7 (Hugo Cancela -3-, Tomás Sánchez -3- e Pablo Campanero) - CD CALASANZ 1


Aberta a opción para que abonados e abonadas deportivistas de...

Os Nosos regresan este martes 12 de maio ao Dépor Training Ce...

O Dépor Genuine disputou en Vilagarcía a segunda xornada de '...

Vitoria do Orzán SD Infantil A en Caldas no único partido des...

Antía Veiga xógase este luns 11 de maio ante Polonia o pase á...

Fran Alonso: "É un orgullo que as xogadoras representen así o...