
DÉPOR · 26 XUÑO 2025
ÓSCAR GILSANZ DESPÍDESE CUN COMUNICADO QUE "MÁIS QUE UNHA DESPEDIDA É UN AGRADECEMENTO A TODA ESTA XENTE"
Óscar Gilsanz despediuse esta mañá do RC Deportivo cun comunicado na sala de prensa de Abegondo que, segundo afirmou, "máis que unha despedida é un agradecemento a toda esta xente".Acompañou ao técnico de Betanzos Michelle Clemente, Vicepresidenta do Club; Massimo Adalberto Benassi, Conselleiro Delegado; e todos os empregados do RC Deportivo que abarrotaron a sala.Antes de ler a súa despedida, e despois dun vídeo proxectado con algúns dos seus momentos á fronte do Deportivo esta temporada, quixo "agradecer ao Club a posibilidade que me deu de seguir na estrutura nun posto que non era o que cría que eu podía achegar, podía axudar. Comprendérono perfectamente e iso non quita que no futuro calquera situación que se poida dar podamos chegar a un encontro. Pero neste caso nin eu cría que podía achegar nin era o que eu entendía que ía facer".

Nas súas palabras, lembra a súa chegada ao Dépor coa pandemia e o descenso do equipo a Segunda División B, "nunha situación moi complicada"; e confesa que se marcha con "orgullo e agradecemento".Lembrou a directivos, xogadores, técnicos, empregados, medios de comunicación e por suposto á súa familia, "polo sufrimento que non elixiron".Concluíu Óscar Gilsanz, visiblemente emocionado, cunha frase que resume o seu paso polo RC Deportivo: "Non esteas triste porque terminou, sorrí porque sucedeu".E pechou a súa intervención parafraseando a Xoel López na súa canción 'Lodo', da que asegura ser fan:"Se estás atrapado nas sombras, agarda....do lodo crecen as flores, máis altas...."

Os Nosos reciben o cariño de ABANCA e Estrella Galicia nunha ...

O RC Deportivo conclúe a súa rolda de visitas institucionais ...

A Coruña abrazou a Os Nosos nunha madrugada inesquecible na f...

Medalla de prata para o Fabril FC Alevín no Torneo Internacio...

Doblete de Bil no Estadio José Zorrilla para darlle os 3 punt...

Vitoria do Orzán SD Xuvenil no único partido de ANOSACANTEIRA...