
CANTERA · 8 ABRIL 2026
PAULA NOVO ANIMA A ANOSAFORZA "A QUE VEÑA PARA QUE NOS AXUDE A CONSEGUIR ESES 3 PUNTOS" ANTE O ATLÉTICO VILLALONGA FF
Paula Novo apuntou na sala de prensa do Dépor Training Center que o Dépor ABANCA B encara o encontro do sábado 11 de abril ás 19:00 no campo Arsenio Iglesias ante o Atlético Villalonga FF "con moitas ganas e ademais sabendo que é en casa imos sacalo adiante e conseguir os 3 puntos".A capitá deportivista cre que "a pesar de non puntuar como queriamos nos últimos partidos estamos a competir moi ben e dando unha moi boa imaxe. Estamos a traballar para, o sábado, xogar ao nivel que sabemos e dalo todo como sempre".Deu o parabén a Lucía Rivas e Redru, as dous internacionais sub-19 que se perden o encontro deste sábado ao estar concentradas con España aínda que confesa que "é unha alegría para nós que poidan ir a esta fase coa sub-19. Estamos moi tranquilas. Temos cadro dabondo e xogadoras para suplilas. As que esteamos o sábado estarémolo ao 100% para dar o máximo nivel".Paula Novo cualifica o encontro como "o máis importante para nós. Oxalá podamos ver moita xente na bancada do campo Arsenio Iglesias. Animo a ANOSAFORZA a que veña para que nos axude a conseguir eses 3 puntos".Finalmente, sobre a salvación matemática do Dépor ABANCA en Liga F, afirma que "era o noso primeiro obxectivo. Estamos moi contentas. Era algo que queriamos conseguir. Agora a afrontar este último tramo de liga para quedar o máis arriba posible".

Espe Pizarro conclúe a Conmebol Liga de Naciones este martes ...

Inês Pereira visita este martes 9 de xuño Finlandia no torneo...

Paula Novo, talento do Dépor Training Center con futuro branq...

Adrià Altimira vestirá de branquiazul ata 2029

Resultados dun intenso fin de semana de torneos en ANOSACANTE...

A gran familia dos DéporCampus pasa por Bertamiráns por décim...