
CANTERA · 12 NOVEMBRO 2025
PAULA REDRUELLO, CITADA PARA UNS ADESTRAMENTOS COA SELECCIÓN ESPAÑOLA SUB-19
Paula Redruello Fernández (21 de xaneiro de 2007, Oviedo) 'Redru' foi convocada pola selección española sub-19 para uns adestramentos que terán lugar na Ciudad del Fútbol de Las Rozas (Madrid) do luns 17 ao mércores 19 de novembro.O combinado nacional preparará desta forma a Rolda 1 de clasificación ao próximo Europeo sub-19, do 24 de novembro ao 2 de decembro.Os rivais de España serán Illas Feroe, Bélxica e Alemaña.Até a data, Redru suma 7 partidos, todos eles de titular, co Deportivo ABANCA B en Segunda Federación, con 1 gol anotado.A canteirá foi titular co primeiro equipo no partido de Copa de la Reina ante o Guiniguada Apolinario CD disputado o pasado 5 de novembro en Las Palmas de Gran Canaria.En Liga F, Paula Redruello participou esta campaña en 4 partidos, 1 deles formando no once inicial.

O Dépor presenta a actualización do seu escudo nos Arcados da...

Suspendida este martes 23 de xuño pola calor a semifinal do A...

En marcha a quinta edición do DéporCampus do Colexio Internac...

A Xunta Xeral Extraordinaria do RC Deportivo aproba a adecuac...

O Benxamín A clasificouse para a final do Mini Teresa Herrera...

O Dépor xogará o 25 de xullo ás 19:30 ante o Real Oviedo no E...