
FUNDACIÓN · 30 SETEMBRO 2025
PRESENTADA A DÉPOR ESCOLA FEIRACO DE BERTAMIRÁNS, COAS SÚAS ÚLTIMAS PRAZAS PARA AS DÚAS QUENDAS DOS MARTES
Esta semana foi presentada a Dépor Escola Feiraco en Bertamiráns, que comezará a súa actividade no campo municipal de Ames o próximo 1 de outubro en colaboración co Bertamiráns FC e o Concello de Ames.Ao acto de presentación asistiron Joel Lodeiro, Coordinador de Fútbol 8 do Bertamiráns FC e Sergio Maurente, responsables das Dépor Escolas Feiraco.Está aberto o prazo de inscrición en .Polo momento hai as últimas prazas dispoñibles nas 2 quendas dos martes: 16:30 e 17:30.Esta escola profesional de fútbol está destinada a todos os nenos e nenas nadas entre 2012 e 2019 incluídos que desexen complementar a súa formación de maneira máis específica con adestradores da canteira do RC Deportivo independentemente do seu nivel de práctica.Toda a información acerca de tarifas, horarios, que inclúe a actividade... pode consultarse en .Para calquera dúbida ou consulta acerca da actividade así como calquera problema co proceso de inscrición poden contactar coa organización no correo electrónico [email protected].


O Real Valladolid cede ao RC Deportivo unha nova remesa de 46...

Antonio Hidalgo avisa do "sufrimento que imos ter de aquí ao ...

O Dépor afina a puntería de cara ao choque deste domingo 17 d...

Abertas as inscricións nas 19 sedes do Dépor Campus Cabreiroá...

Calendario de ANOSACANTEIRA feminina, con torneo para o Dépor...

O Dépor ABANCA concluirá a temporada 2025-26 o domingo 31 de ...