
DÉPOR ABANCA · 7 ABRIL 2026
PRIMEIRA SEMANA DE PARÓN LIGUEIRO NO DÉPOR ABANCA PERO TAMÉN PARA "TRABALLAR PARA TENTAR MELLORAR"
O Dépor ABANCA afronta desde este martes 7 de abril a primeira das dúas semanas de parón ligueiro debido aos compromisos das seleccións nacionais.Os resultados da última xornada deixaron ás Nosas con 26 puntos na 12ª posición.No entanto certificouse de forma matemática a permanencia en Liga F, o que garante a terceira temporada consecutiva na máxima categoría do fútbol feminino nacional.Este logro reforza a estabilidade e o crecemento do proxecto.
Fran Alonso asegura que neste tempo sen competición "imos traballar para tentar mellorar".Ademais, apunta que "ás xogadoras que tiveron menos protagonismo tentar co amigable (pendente de confirmación) darlles un pouco máis de rodaxe, que collan mellores sensacións".O técnico deportivista confirma que haberá tamén días libres que "as xogadoras tamén os necesitan, tempo coa familia, para desconectar e afrontar a última fase da liga con moita enerxía para seguir crecendo".Serán esta semana 4 adestramentos matinais no Dépor Training Center con esta planificación:Martes 7 de abril10:30 h.Mércores 8 de abril10:30 h.Xoves 9 de abril10:30 h.Venres 10 de abril10:30 h.Sábado 11 de abrilDescansoDomingo 12 de abrilDescanso


Os Nosos reciben o cariño de ABANCA e Estrella Galicia nunha ...

O RC Deportivo conclúe a súa rolda de visitas institucionais ...

A Coruña abrazou a Os Nosos nunha madrugada inesquecible na f...

Medalla de prata para o Fabril FC Alevín no Torneo Internacio...

Doblete de Bil no Estadio José Zorrilla para darlle os 3 punt...

Vitoria do Orzán SD Xuvenil no único partido de ANOSACANTEIRA...