
FUNDACIÓN · 25 OUTUBRO 2025
PRIMEIRO MES DA DÉPOR ESCOLA 2025-26 CUNS 500 ALUMNOS E ALUMNAS REPARTIDOS EN 7 SEDES
A Dépor Escola cumpre o seu primeiro mes neste curso 2025-26 con 500 alumnos e alumnas repartidos entre as 7 sedes.Esta escola profesional de fútbol está destinada a todos os nenos e nenas nadas entre 2012 e 2019 incluídos que desexen complementar a súa formación de maneira máis específica con adestradores da canteira do RC Deportivo independentemente do seu nivel de práctica.Até a data quedan aínda prazas nas seguintes quendas:Sede de Alvedro-Iniciación:Luns, martes e mércores ás 17:00-TecnificaciónMartes ás 18:00, mércores ás 18:00, e xoves ás 17:00 e 18:00-PerfeccionamentoMartes ás 19:00Sede de SadaLuns ás 17:15, mércores ás 17:15 e venres ás 16:15Sede de PaiosacoMércores ás 16:30Sede de ZasMércores ás 16:30 e 17:30Sede de BertamiránsMartes ás 16:30 e ás 17:30No Colexio Internacional de Eirís e no Colexio Jesuitinas a preinscrición é no citado centroToda a información acerca de tarifas, horarios, que inclúe a actividade... pode consultarse en .Para calquera dúbida ou consulta acerca da actividade así como calquera problema co proceso de inscrición poden contactar coa organización no correo electrónico [email protected].

Novidades este cursoEstán previstas como novidade este curso 3 modalidades na sede de Alvedro.-Iniciación, dirixida a nenos e nenas entre 3 e 6 anos.Hai grupos reducidos (máximo 8 xogadores/as) e os obxectivos son: descubrimento do xogo e actividades para descubrir o fútbol; familiarización co balón e xogos predeportivos; e finalmente habilidades motrices básicas e psicomotricidade.-Tecnificación, para nenos e nenas entre 6 e 11 anos; e tamén en grupos reducidos.Aplícase a metodoloxía específica do adestramento de fútbol 8 do RC Deportivo, traballarase a mellora de xestos técnicos ofensivos e defensivos; á vez que se axudará na comprensión do xogo do xogador e toma de decisións.-Perfeccionamento, para nenos e nenas entre 7 e 14 anos.Este nivel é de adestramento de alto nivel, con sesións individualizadas e en grupos máis reducidos.O material de adestramento é avanzado, e haberá un seguimento e avaliación continua para potenciar o seu rendemento.Trátase dunha oportunidade única para levar o seu fútbol ao seguinte nivel co selo formativo do RC Deportivo.


A RC DEPORTIVO FUNDACIÓN ACTIVA A GRADA SOLIDARIA DE ABANCA-R...

O Dépor comeza este mércores 20 de maio a preparar o partido ...

O RC Deportivo homenaxea 25 anos de sentimento blanquiazul

ABANCA-RIAZOR ovacionou a Cris Martínez, que se sente "moi af...

O Dépor ABANCA inicia este martes 19 no Dépor Training Center...

Terceira xornada para o Dépor Genuine en A Nosa Champions, to...