RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
R xa é colaborador oficial do Dépor para a temporada 2026-27

DÉPOR · 14 AGOSTO 2026

R XA É COLABORADOR OFICIAL DO DÉPOR PARA A TEMPORADA 2026-27

O operador galego R, líder de telecomunicacións en Galicia, vén de asinar un acordo co Real Club Deportivo de A Coruña que garante a presenza da marca R en todos os partidos disputados polo primeiro equipo no estadio ABANCA-RIAZOR durante a temporada 2026-27.O operador galego, aliado tamén do club coruñés en anos anteriores a través do Dépor Genuine, revalida unha vez máis a súa aposta polo deporte en Galicia mediante este acordo como colaborador oficial do Dépor, un dos clubs máis antigos de LaLiga e referente social da comunidade tras 120 anos de historia.Ás portas do Trofeo Teresa Herrera e do inicio do campionato de Liga, R e Dépor revalidan a súa galeguidade e a súa aposta polos valores do deporte, que devolveron ao equipo coruñés á Primera División esta tempada.R, no Estadio ABANCA-RIAZOREn todos os partidos que tanto o primeiro equipo masculino como o Dépor ABANCA disputen na casa verase a imaxe de R nos valos de publicidade e no anel led do Estadio ABANCA-RIAZOR, con capacidade para 32.500 espectadores/as e unha asistencia de case 480.000 persoas en temporadas anteriores.Ademais, emitiranse varias pasadas dun spot sen son no videomarcador do recinto durante o transcurso deses partidos como local.Ao mesmo tempo, R pasa a formar parte do RC Deportivo Business Club e estará presente cun banner no boletín de noticias do club, que conta xa con 30.000 abonados/as.Alfredo Ramos, director de R e territorial de MasOrange en Galicia, dixo que "é un orgullo para R colaborar de maneira oficial co Dépor, un equipo tan vencellado a Galicia e á cidade da Coruña, que ademais esta tempada inicia unha etapa ilusionante co seu retorno á División de Honra do fútbol español. Desexámoslle todo o éxito do mundo e seguiremos apoiando tamén desde aquí para que o deporte galego continúe a brillar".Desde o RC Deportivo aseguran que "é unha satisfacción contar con R como Colaborador Oficial. Compartimos o compromiso con Galicia e con valores como o esforzo, a proximidade e o traballo en equipo. Estamos convencidos de que esta alianza será moi positiva para ambas entidades e agradecemos a confianza de R nun momento tan ilusionante para o Club."